• Jueves, 25 de abril 2024
  • ABC

COPE

Noticias

CERVO | Pilar Armada invita al PSOE a conseguir ayuda de la Diputación para arreglar las carreteras cervenses

cope.escope.es

Tiempo de lectura: 1'Actualizado 26 may 2017

A edil de Obras do Concello de Cervo, Pilar Armada, volveu reiterar hoxe que as obras de arranxo do firme na rúa Concepción Arenal están “previstas e contratadas”. A concelleira lamentou que o PSOE “non entenda que as condicións meteorolóxicas non foron as axeitadas para realizar eses traballos”. Armada explica que “o que si se fixo nesa zona, porque o tempo o permitía, foi cambiar unhas baldosas da beirarrúa, pero ese era un arranxo independente”. Armada lamentou que “os socialistas se limiten a dar un paseo de vez en cando por catro rúas e pensen que con iso xa se pode facer oposición”. A edil engade que “botamos en falta que o PSOE cervense traballe para  conseguir financiamento e axudas da Deputación para o Concello de Cervo de forma que nos sexa máis doado arranxar todas as estradas do municipio”. De feito, “o normal sería que nalgún momento notásemos que a vicepresidenta segunda da Deputación é de Cervo”, aínda que polo momento “as axudas seguen marchando cara outros concellos”. A concelleira asegura que “en todo este tempo recibimos máis críticas destrutivas que axuda por parte dos socialistas”. “Se todas as denuncias que fan se convertesen en achegas economicas, seriamos o concello máis rico de Galicia”, remata Armada. 

Radio en directo COPE
  • item no encontrado

En directo

Directo El Partidazo de COPE

El Partidazo de COPE

Con Juanma Castaño

Escuchar