• Jueves, 18 de abril 2024
  • ABC

COPE

Noticias

CERVO | Medio Ambiente convoca el III Concurso Fotográfico "Cervo respecta" que en esta edición incluye más premios

El concurso, que llega a su tercera edición, tiene como filosofía “concienciar de la importancia de proteger y cuidar el entorno natura y, ala mismo tiempo, dar a conocer la belleza paisajística” tal y como explicó la edil de medio ambiente, Begoña Alonso. El plazo para la presentación de los trabajos se cierra el lunes 20 de mayo y la entrega de premios será el 5 de junio, coincidiendo con el Día Mundial del Medio Ambiente

cope.escope.es

Tiempo de lectura: 2'Actualizado 27 may 2017

Un certame no que se poderán presentar ata tres fotografías por autor, tendo como temática o medio ambiente, coidado e ben conservado, e en todo caso deberá tratarse de imaxes tomadas na comunidade autónoma de Galicia. En concreto, poden ser imaxes de lugares e escenas verdes ou calquera instante vivo da natureza.

Ademais, xunto aos anteriores requisitos, os autores tamén terán que especificar o lugar concreto no que foron sacadas as fotografías, que deberán ser orixinais e inéditas, en formato dixital (JPEG), en alta calidade (sen compresión) e cunha resolución mínima de 2048 píxeles sen limitación de tamaño en MB.

En canto aos premios, mantéñense as categorías establecidas noutras edicións, a de adulto (maiores de 18 anos) e xuvenil (menores de 18 anos), e en cada unha delas outorgarase un primeiro e un segundo premio. Pero ademais, como novidade, este ano concederase o Top Cervo, un premio especial á mellor fotografía medioambiental tomada nalgún recuncho do municipio cervense sempre que o lugar sexa identificable. Así, haberá un Top Cervo en xuvenil e outro en adulto “como forma de potenciar y de poner en valor nuestro medio natural” engade Alonso.  

Concretamente os premios consistirán, na categoría de adultos, nunha peza de cerámica e un vale de 100 euros para gastar en establecementos do municipio para o primeiro, e unha peza de cerámica e un vale de 50 euros para o segundo, mentres o Top Cervo consistirá nun vale de 50 euros. E na categoría xuvenil o primeiro premio incluirá un detalle e un vale de 100 euros en material deportivo mentres o segundo recibirá un detalle e un vale de 50 euros en material deportivo. O Top Cervo xuvenil será de 50 euros para gastar en establecementos do municipio.

As fotografías deberán presentarse nun sobre pechado que inclúa un CD coas imaxes así como un título para cada foto e a descrición do lugar e a provincia na que foi sacada. Ademais, deberá incluír outro sobre no que se indicarán os datos persoais do autor. As fotografías pódense remitir ata o 20 de maio á Casa do Concello de Cervo ou á Casa da Cultura de San Ciprián, ben en persoa ou a través de correo ordinario ou mensaxería instantánea. Para máis información poden poñerse en contacto coa delegación de Medio Ambiente na dirección medioambiente@concellodecervo.com  

Lembrar tamén que o fallo do xurado, composto por especialista no tema, darase a coñecer o 3 de xuño e, como cada no, os premios entregaranse o 5 de xuño, coincidindo co Día Mundial do Medio Ambiente. Ao mesmo tempo, o Concello ten previsto expoñer ao público todos os traballos presentados que cumpran coas bases fixadas.

 

Radio en directo COPE
  • item no encontrado

En directo

La Tarde

Pilar Cisneros y Fernando de Haro.

Reproducir
Directo La Tarde

La Tarde

Pilar Cisneros y Fernando de Haro.

Escuchar