• Jueves, 25 de abril 2024
  • ABC

COPE

Noticias

CERVO | El mariñano Oscar Villarquide expone óleos sobre "A Naturaza del rostro: Retrato e Hibridación" en el centro cultural de Cervo

Forma  parte de programa “Novos artistas, novos valores” con los que la Asociación Cultural A Sombriza apoya a la juventud de la comarca con destacadas habilidades artísticas en el ámbito de la pintura. La inauguración de la muestra pictórica tendrá lugar el sábado 26 de enero a las 19:00 horas. La exposición permanecerá abierta hasta el 31 de maerzo en horario de lunes a viernes de 10:00 a 13:00 y de 17:00 a 20:00 horas.

cope.escope.es

Tiempo de lectura: 3'Actualizado 27 may 2017

O mozo mariñán Oscar Villarquide, quen foi estudante do bacharelato artístico no IES Monte Castelo e licenciado en Belas Artes pola Universidade de Vigo, exporá unha mostra de óleos baixo o título “A Natureza do Rostro: Retrato e Hibridación” no Centro Cultural e de Servizos á Cidadanía de Cervo (CCSCC). A exposición forma parte do programa “Novos Artistas, Novos Valores” cos que a asociación cultural A Sombriza apoia á xuventude da comarca con destacadas habilidades no ámbito da pintura e das Belas Artes. A mostra recolle un conxunto de retratos cos que se explora a natureza do rostro e a identidade, así como o que o artista define como un conxunto de seres híbridos, en referencia á terminoloxía e teorías da psicoanálise freudiana. Imaxes do rostro dunha persoa composta por rasgos de dúas o máis persoas diferentes, rostros coa capacidade de transmitir ideas sobre a personalidade e pinceladas de novas formas. INAUGURACIÓN SÁBADO 26, ÁS 19 HORAS A inauguración da mostra pictórica terá lugar o sábado día 26 de xaneiro, a partir das 19.00 horas neste edificio situado ao carón da Casa do Concello de Cervo. Será un acto aberto ao público en xeral no que se espera a presenza de familiares e amigos do autor e integrantes da directiva de A Sombriza, que arrouparán coa súa presenza a este mozo artista mariñán. A exposición permanecerá aberta no Centro Cultural e de Servizos á Cidadanía de Cervo (CCSCC) desde o día da inauguración ata o 31 de marzo, en horario de luns a venres, de 10.00 a 13.00 e de 17.00 a 20.00 horas, aínda que probablemente podería ampliarse o tempo de visita nalgunhas fins de semana. O colectivo cultural A Sombriza agradece a colaboración do Concello de Cervo na organización desta exposición e sinala que seguirá traballando para dar a coñecer a canteira de novos creadores que xa forman parte polas súas habilidades do futuro artístico da comarca e do conxunto de Galicia. O AUTOR: OSCAR VILLARQUIDE Óscar Villarquide Maseda naceu en Burela 19 de Maio de 1987.  Cursou bacharelato Artístico no I.E.S. Monte Castelo de Burela, entre os anos 2003 e 2005. Licenciouse en Belas Artes pola Universidade de Vigo no ano 2011 e ten superado o primeiro curso do Ciclo Superior de Fotografía Artística na EASD Mestre Mateo de Santiago de Compostela, 2012. Ata o momento tiña participado en diversas exposicións colectivas como é o caso de “O engano”, ano 2007, Exposición de alumnos e exalumnos do Bacharelato de Artes do I.E.S. Monte Castelo de Burela. “A inmigración” ano 2008, exposición de alumnos e exalumnos do Bacharelato de Artes do i.e.s. Monte Castelo de Burela. O artista burelés funda o grupo Diorama, xunto con outros estudantes da Facultade de Pontevedra,  e realiza diferentes exposicións: “Un mar de dúbidas”, exposición itinerante do grupo Diorama na Sala Nauta do Clube Náutico de Sanxenxo, en Setembro e Outubro de 2008; e no Centro Social de Boiro en Decembro de 2008. Finalmente en 2009 participa en “Desaniñados” unha obra colectiva do grupo Diorama no Casal de Ferreirós, no Concello de Poio. E en 2010 na exposición “Sen Título”, colectiva do “Proxecto Sen Título”, un grupo de alumnos de quinto curso de BB.AA. (www.proxectosentitulo.blogspot.com), no Centro Cívico de Teis (Concello de Vigo) “Ós dez anos comecei a asistir a clases de pintura ao óleo, e a tocar instrumentos de percusión. Ámbalas dúas afeccións perduraron ata o día de hoxe, e espero que para toda a vida. Dende que comecei a carreira de Belas Artes ata agora, compaxinei os meus estudos con traballos temporais como estibador e empacador de peixe no porto de Burela”-asegura Oscar nunha breve referencia a súa biografía.

Radio en directo COPE
  • item no encontrado

En directo

Directo Herrera en COPE

Herrera en COPE

Con Carlos Herrera

Escuchar