También en directo
Ahora en vídeo
  • megabanner_1:No existe configuración de publicidad para el slot solicitado

Cervo | Fin de semana de teatro en Trasbar

  • cope.es
  • cope.es

En Trasbar, con motivo do inicio da nova tempada, tivo lugar este sábado pasado unha obra de teatro, a cargo do grupo Pico do Castro coa obra “De vello gaiteiro”. Esta obra na que actúan seis persoas, está escrita por Manuel Lugilde e dirixida por Juan José Villarino e está incluída no programa Buxiganga da Deputación de Lugo. A representación é un ensaio en clave de comedia na que Rosiña, a filla dun labrego con posibles, recibe unha oferta de matrimonio por parte dun rico indiano pero Rosiña está namorada doutro. Nesta peza a figura do indiano é moi criticada, pola actitude de negación e desprezo que algúns destes emigrantes mantiñan respecto á cultura e lingua do seu país. Dende o colectivo cervense agradecen a asistencia, que superou a prevista, e logo de ver a boa resposta do público, barallan a posibilidade de organizar máis xornadas teatrais ao longo do ano, a maiores da que está programada xa para o sábado, 14 de novembro.

Lo más visto