• Jueves, 28 de marzo 2024
  • ABC

COPE

Noticias

Cervo | La concejalía de igualdad organiza un curso de palillar infantil y juvenil para fomentar esta tradición entre la juventud

cope.escope.es

Tiempo de lectura: 1'Actualizado 27 may 2017

A Concellería de Igualdade informa de que vén de abrir o prazo para inscribirse ao curso de palillar infantil e xuvenil que organiza co obxectivo de potenciar esta práctica entre os máis novos. O prazo permanece aberto dende hoxe luns ata o vindeiro venres e para participar é necesario apuntarse na Casa da Cultura. Este curso de palillar infantil e xuvenil é un complemento máis ao X Encontro de Palilleiras que se celebrará o 6 de abril e que vai na mesma liña que o curso de palillar para adultos convocado hai unhas semanas e que xa pechou o prazo. No caso da actividade para adultos son 13 as persoas, todas elas mulleres, que están inscritas e que aprenderán ou mellorarán a súa técnica a partir deste venres, cando comecen as clases na Casa da Cultura de San Ciprián. Modesta Lombardero será a encargada de guiar ás alumnas na elaboración dos encaixes. O departamento de Igualdade pon en marcha por primeira vez este curso dirixido ao público infantil e xuvenil para achegar aos nenos e nenas a unha práctica á que na actualidade se dedican na súa meirande parte mulleres adultas. “Sería moi interesante que as novas xeracións tamén aprenderan a manexar os palillos e comezaran a interesarse por esta tradición” explica a edil Pilar Armada “de forma que cada vez sexan máis as persoas de todas as idades e tanto homes como mulleres os que fagan encaixe co obxectivo de que se estenda e se xeneralice como unha actividade para todos os públicos”.  

Radio en directo COPE
  • item no encontrado

En directo

Directo Herrera en COPE

Herrera en COPE

Con Carlos Herrera

Escuchar