• Martes, 23 de abril 2024
  • ABC

COPE

Noticias

CERVO | O Bordelo estrena su obra "Apedradas" en el "Maio dos avós"

Esta fin de semana dará comezo o “Maio dos avós”, un completo programa de actividades para complementar o Día do Xubilado no que cabe destacar o carácter interxeracional da meirande parte das iniciativas, nas que “buscamos potenciar os lazos entre avós e netos organizando actividades conxuntas para ambos colectivos” explica a edil de Servizos Sociais, Pilar Armada. Os actos arrincan mañá sábado, coa estrea da obra de teatro “Apedradas”, do grupo O Bordelo, que se representará no Auditorio da Casa da Cultura a partir das 19:00 horas. Unha comedia lixeira, baixo a dirección e co guión de Francisco Piñeiro, baseada na idiosincrasia galega pero cunha conexión directa coa realidade actual. Esta peza, protagonizada por dúas xeracións diferentes, convida ao público a reflexionar sobre situacións tan reais como a dun pai de familia, que despois de traballar duramente toda a súa vida vese abocado a seguir traballando para axudar aos fillos. Unha peza que atopa a súa inspiración nun caso real complementado con grandes doses de entretemento.  As actividades continúan o 10 de maio, cun obradoiro de confección de papaventos dirixido a avós e netos e que se desenvolverá na praza dos Campos a partir das 18:00 horas. O 17 de maio, Día das Letras Galegas, tamén hai preparado un evento interxeracional titulado “Retrato cos avós”, no que netos e avós poderán sacar unha fotografía xuntos. Será na Casa da Cultura de 11:00 a 13:00 horas. O 24 de maio, ás 20:00 horas, na Casa da Cultura, chegará a terceira edición da recreación do programa de televisión Un dous, tres, que neste caso estará protagonizado por tres parellas de concursantes conformadas por netos e avós, que competirán xuntos por conseguir os mellores premios. Aquelas persoas que desexen acudir poden apuntarse xa na Casa da Cultura. A elección dos participantes realizarase por orde de inscrición.   A estas novidades hai que engadirlles a tradicional excursión a Silleda, coincidin

cope.escope.es

Actualizado 26 may 2017

Radio en directo COPE
  • item no encontrado

En directo 2

Directo El Partidazo de COPE

El Partidazo de COPE

Con Juanma Castaño

Escuchar