• Jueves, 25 de abril 2024
  • ABC

COPE

Noticias

Lugo |

El PP censura el Plan de Empleo de la Diputaciónn mientras PSOE-BNG dicen que los populares "Trantan de veetar la creación de puestos de trabajo"

La portavoz del GPPP, Elena Candia, entregó en la Diputación, junto a alcaldes lucenses del PP, las actas plenarias  que censuran el plan de empleo provicial por “discriminatorio y excluyente”. Candia también registró una petición de solicitud de pleno extraordinario en el ente provincial para que el bipartito (PSOE-BNG) rectifique el plan de empleo que crea ciudadanos de primera y de segunda. El PP anuncia que no se rendirá y continuará con todos los medios que tiene a su alcance para que el equipo de gobierno de Gómez Besteiro “deje de emplear a la Diputación como mecanismo de financiación de su campaña política”. El portavoz de los socialistas, Manolo Martínez, señaló que se trata de “oportunismo e indecencia política” de los populares que rechazaron el plan provincial que dará trabajo a 80 parados “quieren vetar la creación de empleo, defiende que los ayuntamientos marginados por la Xunta vuelvan a ser marginados y pretenden que incumplamos la legislación” manifestó Martínez.

cope.escope.es

Tiempo de lectura: 5'Actualizado 26 may 2017

A voceira do PP na Deputación de Lugo, Elena Candia, e alcaldes lucenses  fixéronlle chegar hoxe ao presidente da Deputación Provincial de Lugo as certificacións dos acordos plenarios celebrados en 41 municipios da provincia nas que censuran o plan de emprego da administración lucenses por “discriminatorio e excluínte”. A maiores, os populares na Deputación tamén rexistraron unha petición de solicitude de pleno extraordinario para que o bipartito rectifique o plan. Estas actas plenarias patentan que 41 plenos municipais gobernados polo Partido Popular estableceron a unha soa voz que os lucenses non están dispostos a aceptar que se discrimine ou se exclúa aos parados en función do municipio de residencia e polos réditos electorais que se podan obter. A celebración destes plenos extraordinarios “é un feito histórico”, froito da indignación dos veciños ante un plan de emprego que non garante a igualdade de oportunidades entre a poboación desempregada da provincia. En concreto, nestes plenos os alcaldes, en defensa dos intereses dos seus veciños, esixiron que a administración provincial modificase as bases do plan de emprego e dotase a actual convocatoria do orzamento suficiente para que podan participar neste programa todos os concellos da provincia. Solicitude de pleno extraordinario na Deputación A voceira do PP na Deputación de Lugo, Elena Candia, xunto a deputados provinciais tamén rexistrou esta mañá unha petición de solicitude de pleno extraordinario na que insta a Deputación que atenda as peticións recollidas nestas actas plenarias e que modifique as bases “discriminatorias e excluíntes” que rexen este plan de emprego da Deputación. A Deputación ten a obriga de garantir a igualdade de oportunidades entre os lucenses, e non se pode permitir que as bases desta convocatoria deixen fóra, sen opcións, nin sequera a participar, a 24.552 desempregados, case o 95% do total de provincia. Un goberno provincial perpetrado na mentira Os populares denuncian estar ante un goberno provincial perpetrado na mentira, que non pode seguir a xustificar a marxinación duns parados sobre outros, o que implica o “enérxico rexeitamento a este plan” recollido nas actas plenarias que “agardan que sexan atendidas polo presidente provincial xa que son a voz de máis destes 41 concellos. Plan discriminatorio Só 12 dos 67 concellos da provincia se inclúen neste plan de emprego, o que implica que só podan participar no plan de selección 9 de cada 10 desempregados lucenses. Deste xeito, as bases da convocatoria deixan fóra a 24.552 desempregados, case o 95% do total de provincia. Do total de concellos que cumpren a puntuación mínima para participar no plan, un está gobernado polo PP (Quiroga) e o resto (11 concellos máis) teñen alcaldías do PSOE e do BNG, que se repartirán entre eles un orzamentos de dous millóns de euros.   A Deputación de Lugo denuncia que a petición dun pleno extraordinario que vén de presentar o Partido Popular nas dependencias provinciais “é totalmente inaudita e insensata, pois piden un pleno contra o emprego, tratando de vetar a creación de postos de traballo”. O voceiro socialista do Goberno provincial, Manuel Martínez, subliñou ademais que a solicitude retrata o “oportunismo e indecencia política” dos populares, “pois onte mesmo tiveron a oportunidade de levar esta cuestión ó pleno ordinario, e non o fixeron para alongar unha ofensiva propagandística coa que pretenden atacar a quen consideran un inimigo político, en vez de defender os intereses dos veciños de Lugo”. Martínez aseverou que, con esta petición, “sospeitamos” que o grupo da oposición “quere cobrar as dietas” e obriga a “malgastar os cartos públicos, o diñeiro de todos, nun pleno innecesario, porque onte tiveron unha magnífica oportunidade para levar unha moción sobre esta cuestión”.  O Deputado asegurou en calquera caso que os populares “quedarán en evidencia” nesta sesión extraordinaria sobre o plan provincial que, baseado en criterios totalmente obxectivos, dará traballo a 80 desempregados de concellos de menos de 5.000 habitantes durante 15 meses. “Demostrarase que a Xunta e o Goberno central, coas competencias na materia, non fan nada, mentres a Deputación loita eficazmente contra o paro”, afirmou.   Neste senso, recalcou que o programa “contra o que tanto carga o PP” súmase ás 10 liñas de emprego con 4.000 beneficiarios de toda a provincia que a Deputación impulsou 2007. Neste senso, Martínez garantiu que, a pesar das “trabas e manipulacións” dos populares, a institución luguesa continuará “volcada co emprego, o principal problema desta provincia e deste país”. De feito, onte mesmo aprobou un orzamento para o 2014 centrado na creación de emprego. O vindeiro ano executará programas de inserción laboral para todos os municipios lucenses por valor de 12,8 millóns de euros neste eido, triplicando deste xeito os investimentos que fai a Xunta na provincia en emprego. “O PP non só destrúe emprego, carga contra quen o crea” A Xunta é a administración con competencias en emprego e ten 100 veces máis orzamento que a Deputación lucense, pero sen embargo “non fai nada, renunciou a crear emprego, como tamén o fixo Rajoy”. Dende que goberna Feijóo en Galicia, recortou en 238 millóns de euros os fondos para políticas activas de emprego e ata un 74% o investimento por galego desempregado. “O resultado: máis paro”, afirmou Manuel Martínez. “En Lugo hai case 7.000 persoas máis sen traballo, e en Galicia o desemprego bate récords e sube por riba da media do Estado”, engadiu.    “Feijóo nin sequera responde” ás peticións que dende hai dous anos lle leva facendo o  Presidente provincial para reunirse e falar dos problemas de Lugo e, a pesar de todo iso, “somos quen de impulsar proxectos que atenden os problemas e necesidades dos lucenses”, asegurou Martínez. “Aí radica o problema. Como a Xunta está desaparecida en Lugo, o Partido Popular non quere que outros fagan o que eles non fan. Non só destrúen emprego, cargan contra quen o crea. Enfádanse porque a Deputación fai plans de emprego; enfádanse porque constrúe residencias e centros de día públicos para os nosos maiores; enfádanse porque constrúe o 1º centro público de recría de gando de España; enfádanse porque garante o Plan de Obras e Servizos...” “Son como el perro del hortelano: nin fan, nin deixan facer. Non vaia ser que queden en evidencia e se demostre que existe unha alternativa á súa austérica xestión”, argumentou o Deputado.  “O plan corrixe o sectarismo da Xunta" O plan impulsado pola Deputación, dotado con 2 millóns de euros, dará traballo durante 15 meses a uns 80 desempregados de concellos de menos de 5.000 habitantes. Os criterios obxectivos para conceder as axudas son a taxa de desemprego, a superficie de Rede Natura e a extensión forestal. Con esta iniciativa, o Goberno provincial “corrixe o sectarismo que practica a Xunta. Mediante criterios totalmente obxectivos, como o Goberno galego habitualmente non fai, a Deputación favorece ó maior número de concellos, primando aquelas zonas que teñen menos posibilidades de desenvolvemento”. Como “exemplo claro” desta discriminación, o Deputado puxo o reparto que fai o Goberno autonómico dos obradoiros de emprego. Dos 40 Concellos beneficiados nos últimos 3 anos, 37 están gobernados polo PP; e os pequenos municipios non teñen “ningunha posibilidade de acceder porque impoñen como requisito ter unha media anual de 500 desempregados, unha cifra que ningún acada”, explicou. “Os representantes do PP, como delegados da Xunta, non só non queren que se corrixa a marxinación do Goberno galego na provincia, senón que defenden unha dobre marxinación: aqueles Concellos ós que a Xunta marxinou, que volvan ser marxinados”, argumentou Martínez. “A xurisprudencia do Tribunal Constitucional di que non se pode tratar igual ós desiguais, e iso é o que defendemos e cumprimos na Deputación”, engadiu. A Deputación cumpre a lei Neste senso, recalcou que, con este plan de emprego, a Deputación cumpre coa lexislación vixente -como a Lei do Patrimonio Natural e da Biodiversidade ou a Lei de Desenvolvemento Rural Sostible- ó compensar con recursos públicos ós Concellos que contan con zonas medioambientalmente protexidas (Rede Natura, LIC,  Reserva da Biosfera, Monumento Natural), dadas as limitacións que implican estas declaracións para o desenvolvemento económico do territorio afectado. “A Xunta non o fai”, engadiu.  

Radio en directo COPE
  • item no encontrado

En directo

Directo Poniendo las Calles

Poniendo las Calles

Con "El Pulpo"

Escuchar