• Martes, 23 de abril 2024
  • ABC

COPE

Noticias

Foz | En abril la reunión será con representantes vecinales y les enseñarán la depuradora de Ribadeo

JJ Castiñeira valora "muy positivamente" la reunión entre portavoces municipales y Augas de Galicia

Augas de Galicia interviene en esta situación para tratar de desbloquear el debate sobre la ubicación de la nueva depuradora y continúa apostando por la zona de Sarrido para su construcción. Esta reunión fue c on cargos políticos, la próxima prevista para el mes de abril será con vecinos y se desplazarán hasta Ribadeo para mostrarles la estación depuradora de reciente construcción.

cope.escope.es

Tiempo de lectura: 2'Actualizado 26 may 2017

O alcalde de Foz fai unha valoración “moi positiva” da reunión que representantes da corporación municipal (o propio rexedor, o popular Javier Jorge Castiñeira; a voceira do PSOE, Rosa Pérez; o de Unifoz, Jaime Cancio; e o concelleiro do BNG, Xan Carlos González Basanta) mantiveron esta mañá en Santiago co director do ente autonómico Augas de Galicia, Francisco Menéndez, e técnicos dese departamento para analizar a construción dunha nova depuradora no municipio focense. Castiñeira explicou que a xuntanza tiña como obxectivo “tratar de desbloquear o expediente da depuradora” e comentou que “todos os grupos agradecemos ese detalle por parte dos responsables de Augas de Galicia para tratar de superar este bloqueo”. O rexedor municipal dixo que Augas de Galicia “segue apostando precisamente pola opción que menos afección ten para as persoas e o medio ambiente, que é Sarrido, igual que o equipo de goberno. O resto de grupos manteñen máis ou menos as súas opinións e vamos intentar abrir algunha liña de negociación, vamos tratar de facer unha reunión cos veciños”. Javier Castiñeira engadiu que os responsables de Augas de Galicia “de forma moi positiva responderon ás preguntas de todos os portavoces defendendo a opción de Sarrido, a que afecta a menos casas, a máis illada de todas. Tamén explicaron que a ampliación da propia depuradora de Foz é unha opción mala e das peores que hai en canto á afección ás persoas sobre todo”. O alcalde focense comentou tamén que se trataba de “axudar a buscar un punto de encontro”, pero recoñece que “non é fácil, porque as posicións están bastante divididas e dispares, pero a nosa obriga é seguir traballando todos os grupos”. Castiñeira tamén anunciou que a vindeira xuntanza para abordar este asunto terá lugar dentro dous meses, cando responsables de Augas de Galicia se desprazarán a Foz para reunirse de novo cos portavoces municipais e con representantes veciñais de Fazouro, de Forxán e da vila focense. O mesmo día está previsto visitar a depuradora de augas residuais recentemente construída en Ribadeo para ver o seu funcionamento porque é similar á que está previsto construír en Foz. O rexedor municipal rematou cun agradecemento aos representantes de todos os grupos da corporación por desprazarse hoxe a Santiago para participar na xuntanza cos responsables de Augas de Galicia. 

Radio en directo COPE
  • item no encontrado

En directo

Directo Herrera en COPE

Herrera en COPE

Con Carlos Herrera

Escuchar