• Martes, 19 de marzo 2024
  • ABC

COPE

Noticias

Foz |

Castiñeira desmiente al BNG y agradece el trabajo del anterior gobierno local en el trazado de la autovía Barreiros-San Ciprián

El alcalde de Foz, Javier Castiñeira, aclara que el Ministerio de Fomento tuvo en cuenta la mayor parte de las alegaciones al trazado de la autovía en el municipio focense y concretamente en la zona de la Basílica de San Martiño El portavoz del BNG, Xoán Carlos González Basanta, lamenta que el alcalde callara la información que tenía y dice “falta a la verdad cuando dice que el trazado estaba a 250 metros de la zona de protección de la Basílica de San Martiño”

cope.escope.es

Tiempo de lectura: 4'Actualizado 27 may 2017

O alcalde focense, o popular Javier Jorge Castiñeira, desminte ao concelleiro do BNG sobre as alegacións ao trazado da futura autovía Barreiros-San Cibrao ao seu paso por Foz, porque foron tidas en conta polo Ministerio de Fomento “a maior parte delas, en varias zonas do municipio e concretamente nas proximidades da basílica de San Martiño”. “Este señor xa anticipaba el mesmo que estaba un pouco desinformado, pero evidentemente se non se ten información o que non se pode é saír a criticar e a dicir o que non se fixo cando realmente o propio Ministerio, neste estudio informativo definitivo, atendeu a maior parte das alegacións presentadas tanto por Patrimonio como por Medio Ambiente. No caso de moitas desas alegacións das que eles falan e a máis importante, que é a que se refire á afección a basílica de San Martiño de Mondoñedo, é completamente distinto do que di este señor, que el mesmo se tacha de desinformado”, manifestou o rexedor municipal. Javier Castiñeira quere “tranquilizar completamente aos veciños, porque atendéronse a maior parte das alegacións e a que era máis importante, o trazado que afectaba á zona da basílica de San Martiño e que pasaba a 250 metros dela, desprázase case outro tanto máis, báixase a altura dese viaduto e elimínase o impacto visual que había na ladeira da montaña e trasladase e faise un túnel”. Polo tanto “duplícase a protección e redúcese o impacto visual na metade máis ou menos”. O alcalde focense explicou ademais que en Vilasindre (Cangas) “tamén se despraza o trazado para evitar o núcleo rural, respéctanse todos os pasos con pasarelas elevadas e tamén as beiras dos ríos, tanto no Masma como no Ouro”. E engadiu que “tamén se protexe a área do Carmen, de San Martiño, afastando o trazado dese lugar. Ou sexa, que se atenderon case todas as alegacións que presentou a Dirección Xeral de Patrimonio, Medio Ambiente e outros organismos e polo tanto todos podemos estar moi contentos e satisfeitos”. Polo todo isto Castiñeira considera que con declaracións como a do concelleiro do BNG “o único que queren é alarmar e a que xente se bote á rúa e nós non o vamos a admitir, porque son mentiras e desinformacións” e aconséllalle “ao señor Basanta que se informe mirando no Boletín Oficial do Estado ou senón que veña ao Concello e que pida esa información, da que eu xa lle anticipei algo no seu momento, e despois que fale”. O rexedor municipal rematou agradecendo “o traballo feito no seu momento polo anterior alcalde, o señor Rivera, neste sentido, porque moitas destas alegacións atendidas agora foran propostas polo anterior goberno municipal” e comentando que “os que queiran facer política disto, ou co hospital ou con calquera outra cousa aconséllolles que non xoguen cos intereses xerais dos cidadáns, porque eu creo que van por moi mal camiño; así se lles nota despois nos resultados que teñen nas urnas”.     O BNG de Foz quer manifestar a súa sorpresa pola resposta tan inmediata do Sr. Alcalde de Foz á nota de prensa do BNG valorando a resolución aprobada por Fomento sobre o trazado da Autovía á vez que lamentamos que tendo tanta información como parece sacarse das súas manifestacións non a dera antes nin aos grupos políticos nin tampouco aos veciños e veciñas afectadas, que son practicamente todos os do Concello pois o trazado abarca as parroquias de Cangas, Nois, Fazouro, Foz, San Martiño e Vilaronte. Antes de nada, desde o BNG queremos dicirlle ao alcalde que coma sempre chega tarde pois moita da información que da xa foi o BNG quen a sacou á luz pero grazas por recordarnolo. Estamos a referirnos ás alegacións que o BNG fixo e que se tomaron en consideración por parte de Fomento. Unha que demandaba alonxar o trazado do núcleo rural de Vilasindre e outra que se afastase da área recreativa do Carme. E estas alegación fíxoas o BNG e non o PP. Que saibamos o PP non fixo ningunha alegación ao respecto. Tamén queremos desde o BNG precisar que o alcalde non di a verdade cando afirma que ”o trazado que afectaba á zona da basílica de San Martiño pasaba a 250 metros dela…” Non é certo e o alcalde ou ben fala sen coñecemento de causa ou ben intenta enganar á xente. O trazado inicial da alternativa proposta pasaba a menos de 100 metros da zona de protección da área BIC da Basílica de San Martiño. Tamén non di a verdade o Sr. Alcalde cando asegura que xa adiantara algo da información que tiña no Concello. Noutro orde de cousas e para que lle quede claro ao alcalde, no comunicado valorativo do BNG, xa afirmabamos que se fixeran algunhas modificacións por parte de Fomento para minorar o impacto visual e paisaxístico pero que o trazado era practicamente o mesmo, cousa que para o BNG non era suficiente. Agora e só agora, o alcalde manifesta que o trazado desprazouse máis de 250 metros e que se fará un túnel pola ladeira do Río Centiño o que quere dicir que tiña esa información. Para o BNG o que si é preocupante é porque o alcalde non informou no seu momento desas modificacións aos grupos políticos e sobre todo porque non informou ao veciños e veciñas de todas as parroquias do trazado da autovía aprobado de forma definitiva polo Ministerio de Fomento para saber cal era a súa opinión. Iso si que nos preocupa. Porque o BNG non actúa ás costas dos veciños e da toda a información que ten, como fixo desde un principio coa Autovía e con outros documentos importantes para Foz. E como empeza a ser moi preocupante o silencio dos alcaldes do PP, como pasou coa área sanitaria e o Hospital da Costa, instamos ao alcalde a que aporte toda a información que exista no Concello sobre o documento aprobado aos grupos políticos e solicite unha valoración dos técnicos do Concello e dos redactores do Plan Xeral de Urbanismo. Ao mesmo tempo, instamos ao alcalde de Foz e ao Grupo de Goberno que faga unha valoración completa do proxecto e informe aos veciños e veciñas do trazado aprobado por Fomento e as repercusións máis salientables que terá sobre o noso concello, cousa que ao entender do BNG, xa debía ter feito hai bastante tempo.

Radio en directo COPE
  • item no encontrado

En directo

Directo Herrera en COPE

Herrera en COPE

Con Carlos Herrera

Escuchar