También en directo
Ahora en vídeo
  • megabanner_1:No existe configuración de publicidad para el slot solicitado
Lugo |

Candia "por fin se deciden a actuar en las carreteras pese a que se trata sólo de un anuncio de intervenciones básicas"

La portavoz del GPPP, Elena Candia, una vez conocido el anuncio de Manolo Martínez, de la inversión de 11,5 millones de euros en rebacheo de carreteras provinciales; manifestó que el atrevimiento de los socialistas les lleva a vender cuantiar destinadas a las carreteras “cuando nadie entiende, que de ser ciertas esas inversiones, las vías continúen a presentar serias deficiencias” Los populares estarán pendientes sobre el estado de viales que han denunciado su pésimo estado y que necesitan urgentemente conservación y mantenimiento.

A voceira do Grupo Provincial do Partido Popular, Elena Candia, dixo esta mañá que “por fin a Deputación de Lugo se decide a actuar” sobre as estradas da súa titularidade que, na súa gran maioría, presentan “un pésimo estado de conservación e de mantemento derivado dunha mala xestión da Área de Vías e Obras”. Candia que dá a benvida a calquera tipo de actuación que implique melloras nas estradas provinciais, lamenta tamén que o plan anunciado polos socialistas se trate “só dun anuncio de intervencións básicas, como é o de tapar baches”. O Grupo Provincial do Partido Popular de xeito continuado, a través de escritos ou de iniciativas plenarias, está a trasladar á Deputación reivindicacións de veciños e de alcaldes sobre a necesidade de acometer obras de melloras en vías de titularidade provincial. “Moitas destas estradas necesitan actuacións maiores ca de tapar baches”. De todos xeitos, a popular reiterou que o seu Grupo se manterá vixiante ante as melloras de rebacheo que venderon os socialistas. Por último, a voceira dos populares dixo que con estes anuncios de inversión nas estradas queda evidenciado o “atrevemento” dos socialistas. “Ninguén entende que, de ser certo o diñeiro que din dirixir ao arranxo de estradas, as vías provinciais continúen a presentar serias deficiencias que chegan a poñer en risco a seguridade cidadá. Estase ante unha mala xestión na área de Vías e Obras”. 

Lo más visto