• Jueves, 25 de abril 2024
  • ABC

COPE

Noticias

Barreiros |

La calidad del agua en las zonas de baños es "excelente" según los análisis del SERGAS y en breve se licitará la obra de mejora de abastecimiento

El alcalde, Alfonso Fuente, salió al paso de las manifestaciones de socialistas y nacionalistas sobre la calidad del agua o el abastecimiento, de las que ha dicho “ya se encuentran en campaña electoral” El regidor anunció la inversión de un millón de euros para mejorar el abastecimiento de agua

cope.escope.es

Tiempo de lectura: 2'Actualizado 10 abr 2017

O rexedor dixo que “hoxe pola mañá comprobei, por si eu estaba nun erro, as analíticas que fai o Servizo Galego de Saúde das zonas de baño na auga e en Barreiros son todas excelentes. Resúltame curioso que vendo o mapa sobre o estado das augas marítimas en Barreiros son todas excelentes, e curiosamente nalgún concello gobernado polo PSOE non é así, non dan todas excelentes. Hai que predicar co exemplo antes de vir facer política ao concello de Barreiros”. Sobre o saneamento Fuente Parga aclara que “en Barreiros é imposible que haxa 16 parroquias sen saneamento como din algúns, cando Barreiros so ten 8 parroquias: San Cosme de Barreiros, San Xusto, San Miguel, San Xulián, Celeiro de Mariñaos, Vilamartín Pequeno, Santiago de Reinante e San Pedro de Benquerencia. Desas 8 parroquias que ten o noso concello: San Cosme de Barreiros, Santiago de Reinante, San Pedro de Benquerencia e San Miguel contan con saneamento. Quedaría polo tanto pendente o saneamento en San Xusto, San Xulián, Celeiro de Mariñaos e Vilamartín Pequeno. É dicir en catro está totalmente feito o saneamento e nas outras catro xa se van iniciar os traballos para facelo, que estean tranquilos”. Ao alcalde preocúpalle “o descoñecemento que ten do concello alguén que se presenta como candidata á alcaldía de Barreiros”. Alfonso Fuente lembrou que “hai uns días anunciamos esa obra que licitaremos en breve dun millón de euros para mellorar o abastecemento de auga, un abastecemento que non ten problema e que está a funcionar correctamente, pero somos conscientes de que o hai que ir mellorando a súa capacidade e xa que temos ese convenio firmado cos promotores hai que aproveitalo e executar esas obras”. E engadiu: “ademais invitaremos tamén á Xunta e á Deputación de Lugo, dada a súa disposición a colaborar coa execución de obras en Barreiros, para firmar un novo convenio de colaboración técnica e así desenvolver a outra parte do proxecto que é a do saneamento. Somos conscientes do parón que houbo aquí en Barreiros e polo tanto hai que ir facendo as obras con sentido común e non facer por facer. O que pasa é que agora nesta época na que nos atopamos onde xa se está a iniciar a campaña electoral das municipais parece que os partidos da oposición se acordan agora de deficiencias. Desde o equipo de goberno seguiremos a traballar como todos os días e buscando o mellor para as veciñas e os veciños de Barreiros”.

Radio en directo COPE
  • item no encontrado

En directo

Directo Herrera en COPE

Herrera en COPE

Con Carlos Herrera

Escuchar