• Martes, 23 de abril 2024
  • ABC

COPE

Noticias

BURELA | Seleccionadas las cuatro personas que se incorporarán como cuidadoras en los comedores escolares hasta finales de curso

cope.escope.es

Tiempo de lectura: 1'Actualizado 27 may 2017

Hoxe realizáronse en Burela as probas de selección das catro persoas que ocuparán as prazas de coidadores dos comedores escolares ata finais de curso. Ás mesmas presentáronse trinta candidatos/as, segundo os datos facilitados esta mañá pola concelleira de Educación, Mónica Pedre. A edil popular anunciou que “a súa incorporación será inmediata” e subliñou que “o número de coidadores escolares pagados íntegramente polo Concello é de nove”. A isto hai que engadir a aportación que fai o Concello burelés ás actividades extraescolares para que os colexios estean abertos polas tardes e os nenos e nenas de Burela poidan disfrutar de obradoiros de carácter medioambiental, entre outros. Mónica Pedre dixo que “isto lles supón un aforro importante ás familias de Burela e demostra o compromiso do equipo de goberno cos servizos sociais en xeral e coa educación en particular”. Nos vindeiros días tamén se realizará a selección de persoal para cubrir o posto de monitor/a da aula CeMIT de Burela. A aportación da xunta para realizar esta contratación ascende a algo máis de 18.000 euros.  

Radio en directo COPE
  • item no encontrado

En directo