• Jueves, 25 de abril 2024
  • ABC

COPE

Noticias

BURELA | La recogida de aceites vegetales se ha incrementado en un 71% dureante el pasado año. Patricia López atribuye esta mejora a la modificación del sistema de depósitos

cope.escope.es

Tiempo de lectura: 2'Actualizado 27 may 2017

A recollida de aceites vexetais incrementóuse en Burela nun 71% durante o ano 2012, segundo os datos que deu a coñecer nesta xornada a concelleira de Medio Ambiente, Patricia López Eijo. En total recolléronse o pasado ano 3.060 litros de residuos de aceites vexetais fronte aos 1.790 de 2011. A edil popular explica que “en vista de que a aportación cidadá de residuos vexetais decrecía ano tras ano, en febreiro de 2012 procedemos a modificar o modelo de depósito para que os veciños e as veciñas de Burela poidan deixar eses residuos en botellas pechadas directamente no colector, sen necesidade de proceder ao vaciado das mesmas, tal e como acontecía anteriormente”. López Eijo sinala que “o éxito da iniciativa reflíctese na cantidade de residuos de aceites vexetais recollidos, 3.060 litros, un 71% máis que no ano 2011”. E subliñou que “con esta conduta o ano pasado evitamos contaminar 3.366 metros cúbicos de auga, é dicir o consumo de auga de uso doméstico dos veciños de Burela durante preto de tres días”. No 2011 foron só 1.969 metros cúbicos de auga os que se evitaron contaminar, o que supón o consumo de auga de día e medio por parte da poboación burelesa. Nos datos facilitados pola Concellería de Medio Ambiente recóllese que a producción estimada en Burela de residuos de aceites vexetais ao día está en 105,55 litros/día e a porcentaxe recollida sobre dita producción estimada situóuse o ano pasado no 7,92%, fronte ao 4,67% do 2011.  Patricia López amósase satisfeita con estes datos, pero agarda que “a xente se siga a concienciar da importancia que ten a reciclaxe destes residuos para preservar o noso medio ambiente. Desde o equipo de goberno seguiremos a insistir con campañas informativas e de concienciación. Non podemos baixar a guardia. Temos que seguir mellorando pouco a pouco estas cifras”.

Radio en directo COPE
  • item no encontrado

En directo 2

Directo Mediodía COPE

Mediodía COPE

Pilar García Muñiz

Escuchar
Directo TRECE Al Mediodía

TRECE Al Mediodía

Con Marco Chiazza y Lucía Crespo

Ver TRECE