También en directo
Ahora en vídeo
  • megabanner_1:No existe configuración de publicidad para el slot solicitado

Burela | El 27 de marzo IV Carrera Solidaria "Pon a túa gota. Gotas para Nixer"

Burela | El 27 de marzo IV Carrera Solidaria Pon...
Burela | El 27 de marzo IV Carrera Solidaria Pon a túa gota. Gotas para Nixer
  • cope.es
  • cope.es

O vindeiro 27 de marzo terá lugar en Burela a IV Carreira Solidaria Pon a túa gota. Gotas para Níxer, que organiza o Centro de Educación Medioambiental Gaia e o Concello coa colaboración de Unicef. Desde Gaia lembran que “cada ano, en datas próxima do día da auga (22 de marzo) organízanse carreiras solidarias co obxectivo de apoiar os programas de supervivencia infantil en Níxer”. Este é o cuarto ano que se organiza esta carreira en Burela “para recadar fondos co lema neste ano Pon a túa gota. Auga nas escolas. O obxectivo deste 2015 é levar auga potable a 30 escolas nixerianas”. Todos os participantes entregarán un euro a cambio dun dorsal. O percorrido será o seguinte: saída da escola infantil, sendeiro ao son da variante, cruce da estrada xeral á altura de Seat, desvío polo acceso á praia de Areoura e tramo do sendeiro azul ata a meta, que estará situada no final do paseo marítimo. A hora de inicio desta carreira solidaria está por determinar, segundo a organización.  

Lo más visto