• Viernes, 19 de abril 2024
  • ABC

COPE

Noticias

Burela | Los días 6 y 7 de marzo tendrán lugar en Burela diversas actividades para conmemorar el Día de la Mujer

cope.escope.es

Tiempo de lectura: 2'Actualizado 10 abr 2017

A Concellería de Muller e Igualdade e o CIM organizan diversas actividades para conmemorar o Día da Muller, que se celebra o 8 de marzo. En Burela hai actos programados para os vindeiros venres e sábado (6 e 7 de marzo). Segundo explican desde a Concellería de Igualdade e Muller “o venres, 6 de marzo, teremos un encontros lúdicos, deportivos e terapéuticos, dirixidos a mulleres e ás súas fillas e fillos menores, co fin de reforzar vínculos materno-filiais e socio-afectivos, reforzando o ocio e tempo libre conxunto de nais e fillos/as”. Esta 1º xornada terá lugar nos CEIPs do Concello con alumnado de terceiro ciclo: no Vista Alegre de 10 a 11 da mañá e no Virxe do Carme de 12:15 a 13:15 do mediodía. Para a realización destas actividades o Concello conta coa colaboración sa Secretaría Xeral de Igualdade. Xa o sábado, 7 de marzo, haberá “unha sesión con nais e nena/os, dirixido tamén a nais e/ou nenas/os que desexen aprender a detectar signos da violencia de xénero. Esta 2ª xornada iniciarase as 10:30 horas na Casa da Cultura e desenvolverase ao longo de todo o día. Aquelas nais interesadas en acudir cos seus fillas/os para traballar a prevención da violencia de xénero poden inscribirse no Centro de Información á Muller do Concello de Burela”, engaden desde a Concellería de Igualdade e Muller e desde o CIM . E o mesmo sábado terá lugar o acto institucional no salón de plenos do Concello. Ás 12 dará comezo coa lectura dun manifesto a cargo do alcalde, José Mª González Barcia. E a continuación actuación de Caxoto Contacontos, “que nos fará unha pequena reflexión da sociedade dende a perspectiva feminina”. Ademais ao longo da mañá do sábado, 7 de marzo, a asociación Mujeres en Igualdad de Burela instalará unha mesa informativa na praza do Concello. “E como vén sendo habitual, ás 14:00 horas sumarémonos á xuntanza organizada pola asociación de amas de casa Praia da Marosa, que como non podía ser doutro xeito, tamén celebra este día dende hai décadas”, engaden desde o Concello burelés.  

Radio en directo COPE
  • item no encontrado

En directo 2

Directo Herrera en COPE

Herrera en COPE

Con Carlos Herrera

Escuchar