• Miércoles, 24 de abril 2024
  • ABC

COPE

Noticias

BURELA | El jueves 17 reunión de representantes de la Dirección General de Marina Mercante y el sector pesquero para analizar la problemática de las tripulaciones mínimas

cope.escope.es

Tiempo de lectura: 2'Actualizado 27 may 2017

O alcalde de Burela, o popular José María González Barcia, anunciou que, ás doce e media, celebrarase na confraría de pescadores unha reunión do Subdirector General de Inspección y Seguridad Marítima da Dirección General de Marina Mercante do goberno central, Francisco Ramos Corona, con representantes do sector pesqueiro de Lugo. O motivo desta reunión é estudiar a situación actual no que respecta ás tripulacións mínimas necesarias para que os barcos poidan sair faenar. González Barcia indicou que “é positivo que o sector poida trasladar directamente as súas opinións sobre este asunto. O sector busca operatividade e economizar os recursos, o cal dentro da situación que estamos a vivir é absolumente lóxico”. O alcalde burelés manifestou que “este asunto, que xa non é de agora, tratouse xa nunha reunión co propio Director General de Marina Mercante aquí, en Burela, na primavera pasada; non hai moito, o pasado quince de novembro, nunha reunión mantida en Madrid co Director General, plantexeille a necesidade, a petición do propio sector, de manter conversas directas co sector pesqueiro para buscar un marco que recolla as demandas fundamentais na materia”. José Mª González Barcia indicou que “froito daquela reunión é a xuntanza que se celebrará pasado mañá, xoves. Confío en que serva para fixar criterios que respectando a legalidade vixente poidan afondar nos obxectivos que tén o sector. Trátase de, dentro da normativa vixente que todo o mundo é consciente que hai que cumprir, bucar unha maior operatividade e celeridade á hora de que se poidan despachar os barcos para saír faenar. Trátase de facer máis rentables as actuais empresas”. O alcalde de Burela subliñou que “na situación actual de crise o primeiro que temos que facer co sector pesqueiro é manter as empresas, é dicir manter os barcos pescando. Si mantemos os barcos pescando estamos a manter postos de traballo”. Á xuntanza do xoves en Burela asistirán representantes de todas as confrarías de pescadores de Lugo, da Organización de Productores Pesqueiros, de Armadores de Burela e de Porto de Celeiro, entre outros.

Radio en directo COPE
  • item no encontrado

En directo 2

Directo TRECE al día

TRECE al día

Con José Luis Pérez y Lucía Crespo

Ver TRECE