También en directo
Ahora en vídeo
  • megabanner_1:No existe configuración de publicidad para el slot solicitado

Burela | Un grupo de alumnos de Mecanizado del IES Perdouro visita la Feria de Maquinaria y Herramienta de Bilbao

Alumnos del IES Perdouro en la Feria de Bilbao
Alumnos del IES Perdouro en la Feria de Bilbao

Os alumnos de 2º ano do Ciclo Medio de Mecanizado do IES Perdouro de Burela visitaron á Feira Bienal da Máquina-Ferramenta de Bilbao co propósito de coñocer a oferta nacional e internacional das máquinas especiais. Foron testemuñas das exhibicións do mundo da industria máis punteira e do crecemento da competitividade das empresas. Esta feira engloba eventos altamente especializados onde se presentan as solucións e innovacións para toda a cadea de valor industrial. A Feira Internacional de Máquina Ferramenta de Bilbao referente a nivel nacional e terceira feira máis importante de Europa na súa especialidade, presentou todas as novidades en maquinaria, ferramentas, compoñentes e accesorios, automatización, metroloxía, control de calidade, soldadura, corte e oxicorte, e equipos hidráulicos e neumáticos. Foi a oportunidade para os alumnos do IES Perodouro, futuros profesionais do sector de mecanizado, de estar ao día en canto a innovación e desenvolvemento cos que se atoparán no seu próximo mundo laboral.