También en directo
Ahora en vídeo
  • megabanner_1:No existe configuración de publicidad para el slot solicitado

BURELA | La ejecutiva socialista considera "muy grave" la actuación del concejal de obras para salir beneficiado con una obra del POS

A denuncia á que nos referimos viña derivada da actuación do Concelleiro de Obras, Sr. Manuel Fernández, na que propoñía e votaba en Xunta de Goberno unha obra da que o propio Concelleiro en cuestión saía beneficiado, obra referida ó Plan de Obras e Servizos da Deputación Provincial cun presuposto de 22.705,88 euros. Dende a Comisión Executiva do PSdG-PSOE de Burela consideramos esta actuación como moi grave e despois de ter pedido explicacións e solicitar que ou ben o Sr Valle como infractor, ou ben o Sr Barcia como máximo responsable lle dera explicacións ós veciños e veciños destas prácticas irregulares e pouco transparentes, a día de hoxe non tiveron a decencia política de dar explicacións destas prácticas ós veciños de Burela. Definitivamente, dende a Comisión Executiva do PSdG-PSOE de Burela entendemos que este equipo de "desgoberno" pensa que o Concello de Burela é o seu rancho e pensan que poden facer e desfacer segundo lles ven en gana. Pola nosa parte poñemos a disposición de calquera veciño ou veciña toda a documentación sobre este turbio asunto, do que xa adiantamos que imos a seguir a investigar pois moito nos tememos que os favores e o uso de cartos públicos para aproveitamento particular  son prácticas que están á orde do día no Concello de Burela por parte do Partido Popular, e neste asunto entendemos que aínda hai cousas por investigar que de confirmarse poderían supoñer cousas moi graves.