También en directo
Ahora en vídeo
  • megabanner_1:No existe configuración de publicidad para el slot solicitado
Burela | Otros alcaldes y concejales si estarán

Burela no contará con representación institucional en FITUR

En la Fería Internacional de Turismo en Madrid habrá folletos promocionales de la localidad y de los establecimientos de hostelería pero en esta ocasión no va a viajar ningún representante del equipo de gobierno. El equipo de gobierno se muestra tajante con el anuncio de que nadie viajara a FITUR “no porque lo diga el PSOE, sólo faltaría”.

O equipo de goberno burelés considera que “os socialistas non saben interpretar o que len, teñen moitos problemas de lectura comprensiva. Niguén dixo en ningún momento que iría a Madrid algún membro do equipo de goberno. O que sí faremos, e reiteramos, é enviar os folletos promocionais dos establecementos hostaleiros de Burela xunto aos do Concello sen coste algún para ditos locais”. Os populares insisten que “a Fitur non irán cargos políticos do Concello de Burela, aínda que sí hai alcaldes e edís doutros concellos, gobernados polo PSOE, que estarán en Madrid”. Desde o equipo de goberno de Burela dinlle aos socialistas que “non se preocupen polo congreso provincial do PP, porque non é un tema que lles afecte”. E engaden que “neste último ano e medio limpiáronse máis fincas en Burela que nos catro anos que eles pasaron no goberno local e abríronse tamén expedentes sancionadores pola colocación de publicidade en lugares que non eran os axeitados, cousa que eles non fixeron en ningún momento. Nós non poñemos os carteis das actividades medioambientais do Concello nas árbores, algo que eles sí que facían”. Para os populares “o que está a demostrar o PSOE é a súa falla de imaxinación e a facilidade que teñen para montar bulos e sementar rumores para crear malestar nos veciños. Iso sí que o saben facen moi ben”.