• Miércoles, 24 de abril 2024
  • ABC

COPE

Noticias

Burela | Conmemoran el Día Internacional del Libro con una muestra que se puede visita hasta finales de mes en la Biblioteca Pública

cope.escope.es

Tiempo de lectura: 1'Actualizado 10 abr 2017

Ata finais de mes pódese visitar na Biblioteca Pública de Burela unha pequena mostra bibliográfica “para promocionar os libros infantís e xuvenís e a lectura entre os máis novos. Na mesma poderán disfrutar dos títulos máis representativos do ano 2014, para nen@s e rapaces”, segundo explica a concelleira de Educación, Mónica Pedre. A edil popular manifestou que “o pasado 2 de abril conmemorouse, tal e como se fai desde o ano 1967, o nacemento de Hans Chistian Andersen. A IBBY declarou esa data coma o Día Internacional do Libro Infantil, co fin de lembrar a importancia de ofrecer bos libros a todas as nenas e nenos, libros de calidade que esperten a súa imaxinación e os axuden a medrar como lectores e como persoas. E deste Burela queremos sumarnos a esa celebración con esta exposición que se pode visitar na nosa Biblioteca Pública”. A mostra poderá visitarse en horario de luns a venres, de 9:00 a 13:30 horas e de 17:00 a 20:00 horas ata finais do presente mes de abril. Pedre subliña: “non esquezamos que as mellores viaxes se fan, desde ben pequeniños, a través da lectura”. 

Radio en directo COPE
  • item no encontrado

En directo

Directo Herrera en COPE

Herrera en COPE

Con Carlos Herrera

Escuchar