• Miércoles, 24 de abril 2024
  • ABC

COPE

Noticias

Burela | La concejalía de educación imparte teres nuevos cursos de informática en el aula de la red Cemit durante el mes de junio

cope.escope.es

Tiempo de lectura: 1'Actualizado 27 may 2017

O Concello de Burela, a través da delegación municipal de Educación, impartirá no vindeiro mes de xuño tres novos cursos de informática que se desenvolverán na aula da Rede de Centros para a Modernización e Inclusión Tecnolóxica (CeMIT) da Xunta de Galicia.

O día 5 de xuño, mércores, empezarán dous cursos sobre O uso das redes sociais, nos que se ensinará aos participantes a entender que é unha rede social, así como a darse de alta e a empregar o facebook . Están dirixidos a persoas con coñecementos básicos de internet. Un deles impartirase de 11:00 a 13:00 horas e rematará o día 11 de xuño. O outro será de 16:30  18:30 horas e finalizará o día 12 do mesmo mes.

O terceiro curso será de Mecanografía para adultos e empezará tamén o 5 de xuño. Será impartido de 10 a 11 horas e rematará o día 28 do vindeiro mes. Con esta actividade ensinarse aos participantes a situar as mans no teclado para escribir de forma correcta, a memorizar a situación das teclas empregando para elo o programa libre Klavaro e a sentarse correctamente para non sufrir lesións.

Desde a Concellería de Educación lembran que “os equipos e a internet da aula da Rede CeMIT de Burela poden ser utilizados libremente de 13:00 a 14:00 horas e de 18:30 a 20:00 horas”.

Os interesados en inscribirse ou solicitar máis información sobre as actividades da aula da Rede Cemit poden facelo nas propias dependencias, que están na Casa da Xuventude de Burela (Rúa do Cancelo, 1) ou enviar un correo electrónico ao enderezo cemit.burela@xunta.es.

Radio en directo COPE
  • item no encontrado

En directo 2