• Jueves, 25 de abril 2024
  • ABC

COPE

Noticias

BURELA | Buscan familias comprometidas con el medio ambiente para iniciar el progrema "Fogares Verdes" que etiene como objetivo concienciaer a la ciudadanía sobre la necesidad de ahorra energía y agua en sus casas

cope.escope.es

Tiempo de lectura: 2'Actualizado 26 may 2017

Burela busca familias comprometidas co medio ambiente para iniciar o programa Fogares verdes, unha iniciativa do Centro Nacional de Educación Ambiental dependente do Ministerio de Agricultura, Alimentación e Medio Ambiente. “O obxectivo do programa é concienciar á cidadanía sobre a necesidade de aforrar enerxía e auga nos seus fogares, co fin de reducir a súa contribución ao cambio climático e colaborar activamente na protección do medio ambiente”, segundo explica a edil Patricia López Eijo. A Red Española de Ciudades por el Clima da que é membro o Concello de Burela está a colaborar activamente para difundir a actividade entre as entidades locais e está a facilitar os kits de aforro de auga e enerxía, que están valorados nuns 75 euros, “aínda que as familias interesadas os recibirán de xeito totalmente gratuíto”. Están compostos de: lámpada de baixo consumo, reloxo de ducha, aireador, esparexedor de ducha, estación meteorolóxica con cable e bolsa da compra reutilizable. Fogares verdes é un programa educativo dirixido a familias preocupadas polo impacto ambiental e social das súas decisións e hábitos cotiás “promovendo o autocontrol do consumo doméstico de auga e enerxía, introducindo medidas a comportamentos aforradores e axudando a facer unha compra máis ética e máis ecolóxica”, engade a concelleira de Medio Ambiente. Os participantes na primeira fase terán coma proposta un ambicioso reto colectivo: reducir as emisións de CO2 nun 5’2% e diminuír entre un 6 e un 10% o consumo doméstico de auga. López Eijo engade que “o consumo global de auga e enerxía dos fogares españois é moi significativo. Os cidadáns somos responsables do 30% do consumo de enerxía e do 10% da auga total do noso país. Hai que impulsar cambios que permitan un uso máis sostible e solidario dos recursos colectivos, algo que terá consecuencias moi positivas para o noso peto e para o patrimonio común”. Os fogares bureleses que se sumen a esta iniciativa poderán acudir a xuntanzas trimestrais para intercambiar información, recibirán atención personalizada, presencial ou a través do teléfono ou correo electrónico para resolver as dúbidas que poidan ter e recibirán material con información e recomendación prácticas e un sinxelo equipo de mostra e aforro. Os interesados poden dirixirse á oficina de medio ambiente do Concello de Burela.  

Radio en directo COPE
  • item no encontrado

En directo

Directo Poniendo las Calles

Poniendo las Calles

Con "El Pulpo"

Escuchar