• Jueves, 18 de abril 2024
  • ABC

COPE

Noticias

BURELA | El Ayuntamiento se adhiere al convenio de colaboración entre el consejo general del poder judicial, la Asunta y la Fegamp para actuar ante posibles situaciones de desahucios

cope.escope.es

Tiempo de lectura: 2'Actualizado 27 may 2017

O Concello de Burela está a asinar a adhesión ao convenio de colaboración entre o Consello Xeral do Poder Xudicial, a Xunta de Galicia e a Federación Galega de Municipios e Provincias (FEGAMP) sobre a detección de supostos de vulnerabilidade con ocasión do lanzamento de vivenda familiar e medidas de carácter social. O alcalde de Burela, José González Barcia, explica que “o obxecto do convenio é abordar conxunta e coordinadamente medidas que dean resposta ás situacións de especial vulnerabilidade ou desvalemento que se puidesen detectar no curso dos procedementos xudiciais, tanto por mor de procedementos de execución hipotecaria como por desafiuzamentos de vivendas habituais por falta de pago da renda da vivenda habitual que fosen detectadas pola administración de xustiza na tramitación procesual do procedemento. Así mesmo, este convenio de colaboración en desafiuzamentos conta cunha finalidade definida de xeito moi clara para o Concello, xa que se trata de dar conta da situación aos servizos sociais municipais e por en marcha os programas de asistencia e realoxamento, si se cumpren os requisitos legais”. Pola súa parte, a concelleira de Servizos Sociais, Diana Durán, indica que “cada parte conta coas súas obrigas, xa que dende o Concello de Burela deben de coordinarse co Xulgado correspondente, coa Consellería de Traballo e Benestar (concretamente co Servizo de Coordinación e Servizos Sociais Comunitarios) e coa Dirección Xeral de Xustiza”. Durán destaca a importancia de adherirse a este convenio de colaboración en casos de desafiuzamentos, xa que “se trata dunha problemática social da que dende a administración local debemos estar preparados para dar unha resposta inmediata, sen demora no tempo e moi ben coordinados, pois deste modo, prevéñense situacións de exclusión social como os que se viñeron coñecendo dende que comezou a crise. En definitiva, o protocolo fixa procedementos para que un/ha xuíz, cando teña coñecemento dun desafiuzamento, informe aos servizos sociais da Xunta e aos Concellos para que procedan a atender ás persoas afectadas antes de que se produza o desaloxo.”

Radio en directo COPE
  • item no encontrado

En directo 2

Directo TRECE al día

TRECE al día

Con José Luis Pérez y Lucía Crespo

Ver TRECE