• Jueves, 28 de marzo 2024
  • ABC

COPE

Noticias

Burela | El aula CeMIT impartirá nuevos cursos de informática desde el lunes 7 de julio

cope.escope.es

Tiempo de lectura: 1'Actualizado 09 may 2017

Iniciación a internet é o título dun dos cursos que se desenvolverán a partires da vindeira semana. Con esta actividade ensinaráselle aos asistentes a dar os seus primeiros pasos no mundo de internet. Daránselles a coñecer as tarefas habituais que se poden leva a cabo en internet (renovar o paro, sacar cita no médico...) empregando para elo o programa Mozilla Firefox. Este curso está dirixido a persoas con coñecementos de informática a nivel usuario.

Esta actividade terá lugar na Aula CeMIT de Burela dende o vindeiro luns, 7 de xullo,  ata o 18 de xullo en dous horarios diferentes: o primeiro deles será de 9 a 10 horas e o segundo de 10 a 11. O prazo para matricularse remata este venres, 4 de xullo.

O outro curso programado para este es mes na Aula CeMIT de Burela é o de Iniciación a Internet e Procesador de Textos para nen@s. Nesta actividade ensinaráselle aos nenos a buscar información en internet, a manexar o procesador de textos Libreoffice Writer e a elaborar traballos nel. Este curso está dirixido a nen@s de entre 10 e 14 anos con coñecementos de informática.

Esta actividade terá lugar na Aula CeMIT de Burela dende do 7 ao 31 de xullo en horario  de 12 a 13 horas. O prazo para matricularse remata tamén o 4 de xullo.

Desde a Delegación de Educación de Burela lémbranlles aos usuarios que poderán facer uso libre dos equipos e da internet da aula, en horario de mañá de 13:00 a 14:00 horas.

Para inscribirse ou para solicitar máis información sobre as citadas actividades poden dirixirse á Aula CeMIT de Burela sita na Casa da Xuventude – Rúa do Cancelo 1, a través da páxina web https://cemit.xunta.es/, ou enviar un correo electrónico ao enderezo: cemit.burela@xunta.es

Radio en directo COPE
  • item no encontrado

En directo 2

Directo Herrera en COPE

Herrera en COPE

Con Carlos Herrera

Escuchar