• Jueves, 25 de abril 2024
  • ABC

COPE

Noticias

BURELA | El aula CEMIT impartirá un nuevo curso de iniciación a Internet a partir del viernes 22 de marzo

cope.escope.es

Tiempo de lectura: 1'Actualizado 27 may 2017

A Aula da Rede de Centros para a Modernización e Inclusión Tecnolóxica da Xunta de Galicia, Rede CeMIT, acollerá un novo curso de Informática impartido polo Concello de Burela, segundo informa a Concellería de Educación.

O vindeiro venres, 22 de marzo, comezará un curso de Iniciación a Internet na Aula CeMIT de Burela. Con esta actividade ensinarase aos asistentes a dar os seus primeiros pasos na internet. Os participantes aprenderán a buscar todo tipo de información na rede a través do navegador libre Mozilla Firefox, así como a configuralo. Este curso impartirase de 11:00 a 12:30 horas e finalizará o mércores 27 deste mes de marzo.

Desde a Aula CeMIT de Burela lémbranlle aos usuarios que poderán facer uso libre dos equipos e da internet da aula en horario de mañá de 12:30 a 14:30 horas e en horario de tarde de 16:00 a 20:00 horas.

Para inscribirse ou para solicitar máis información sobre as citadas actividades poden dirixirse á Aula CeMIT de Burela sita na Casa da Xuventude – Rúa do Cancelo 1, a través da páxina web https://cemit.xunta.es/, ou enviar un correo electrónico ao enderezo: cemit.burela@xunta.es

Radio en directo COPE
  • item no encontrado

En directo 2

Directo Mediodía COPE

Mediodía COPE

Pilar García Muñiz

Escuchar
Directo TRECE Al Mediodía

TRECE Al Mediodía

Con Marco Chiazza y Lucía Crespo

Ver TRECE