• Jueves, 28 de marzo 2024
  • ABC

COPE

Noticias

BURELA | Alumnos de los CEIP Virxe do Carme, Vista Alegre e integrantes de las Asociaciones Camiña y Eu Son participarán en la campaña "Pinta un Peixe" organizado por la concejalía de medio ambiente

cope.escope.es

Tiempo de lectura: 2'Actualizado 26 may 2017

Ao longo destas semanas, os alumnos dos CEIP VIRXE DO CARME e VISTA ALEGRE, e os integrantes da asociación Camiña e da Fundación Eu Son participarán na campaña Paint a fish / Pinta un peixe da man da Concellería de Medio Ambiente de Burela.

Patricia López Eijo explica que “os participantes nesta campaña atenderán a unha explicación por parte das monitoras de Gaia sobre as principais especies pesqueiras da nosa zona, clasificación, tipos e variedades (atún, cabala, pescada, raia, rape, etc), as súas características e diferenzas. Posteriormente terán que ser creativos e pintar un peixe e explicar por qué pintaron ese peixe”.

A edil popular sinala que “a campaña Paint a fish pretende que as xeracións máis novas participen na protección das poboacións de peixes. Organismos internacionais incluídos ONGS, colexios e poboación en xeral a nivel internacional participan nesta actividade”.

As monitoras do Centro Gaia, pertencentes á Delegación de Medio Ambiente do Concello de Burela, son as encargadas de colaborar con esta campaña desprazándose aos centros de ensino e aos centros das distintas asociacións  do concello e organizando os horarios dos grupos. López Eijo engade que “esta iniciativa que se leva a cabo a nivel europeo na que  participan nenos de diferentes idades  e poboación sen límite de idade, realizaron  os seus debuxos de forma creativa e imaxinativa usando lapiseiros de cores  para colgalos na web. Francia, Italia, Alemaña… son algúnss dos países que ao igual que España, concretamente Barcelona, Madrid, Sevilla, entre outras, decidiron participar e xa teñen colgados os seus debuxos na web”.

Nas próximas semanas, as monitoras do Centro Gaia colgarán os debuxos realizados por rapaces de Burela na web www.paintafish.com, creando desta forma unha poboación de peixes virtuais.

Os rapaces do CEIP VIRXE DO CARME participarán hoxe mércores e mañá xoves nesta campaña, en sesións dunha hora nas súas respectivas aulas. Hoxe serán os alumnos e alumnos de 3º A e 3º B e mañá tocarálles aos de 1º A, 1º B, 2º A e 2º B. No CEIP VISTA ALEGRE os rapaces que participarán nesta actividade serán os de 1º e 3º. Xa a vindeira semana, o martes 26 de febreiro, será o turno para a asociación Camiña. E despois seguirá a Fundación Eu Son, aínda que neste caso a data está por determinar.

Radio en directo COPE
  • item no encontrado

En directo

Directo La Noche Luminosa

La Noche Luminosa

Con Faustino Catalina

Escuchar