• Viernes, 19 de abril 2024
  • ABC

COPE

Noticias

BURELA | Alumnos de los CEIP y de la Asociación de Enfermos Mentales participarán en el juego "Qué árbore é", para conmemorar el Día del Árbol. Tambnién plantatán árboles donados por la Consellería de Medio Ambiente.

cope.escope.es

Tiempo de lectura: 2'Actualizado 26 may 2017

Gaia pon en marcha nos CEIP de Burela por cuarto ano consecutivo e por primeira vez na Asociación de Enfermos Mentais o xogo de pistas Qué árbore é? para conmemorar o día mundial da árbore, segundo anuncia hoxe a concelleira de Medio Ambiente, Patricia López Eijo. A edil popular sinala que “o 21de marzo, conmemórase o Día Mundial da Árbore. Tal efeméride, aínda que con datas de celebración distintas nos diversos países, foi instaurada por primeira vez en Suecia, en 1840 cando se empezou a tomar conciencia da importancia dos recursos forestais. As árbores están xunto ao ser humano dende o principio da nosa historia, polo que os seus beneficios son coñecidos e aproveitados desde miles de anos”. As monitoras do Centro Gaia organizan o xogo de pistas baixo o título Qué árbore é? para conmemorar esta efeméride. López Eijo explicou que “a través desta actividade preténdese sensibilizar aos alumnos da importancia de respectar a natureza: as árbores resultan esenciais para a vida porque  purifican o ambiente, osixenan o aire, proporcionan sombra, humedecen a atmósfera, reducen o ruído, serven de refuxio a moitos animais e proporcionan madeira. Demasiadas veces as accións humanas poñen en risco a supervivencia do bosque e polo tanto a nosa. Os incendios forestais, a deforestación, os monocultivos… supoñen unha irreparable perda de biodiversidade, ademais de causar outros graves problemas ambientais como son a desertización, o efecto invernadoiro ou o cambio climático”. O xogo de pistas Qué árbore é? foi presentado ao longo da semana pasada nos 2 centros de ensino do concello (CEIP Vista Alegre e CEIP Virxe do Carme) aos alumnos de 2º, 3º, 4º, 5º, e 6º e na Asociación de Axuda ao Enfermo Mental A Mariña.  As monitoras do Centro Gaia colocarán durante esta semana as 5 pistas identificativas da árbore que van plantar nos distintos centros, árbores doadas pola Delegación de Medio Ambiente do Concello de Burela. O 21 de marzo as monitoras anunciarán no taboleiro os gañadores de cada centro e ese mesmo día plantarase en cada centro a árbore correspondente ás pistas do xogo.

Radio en directo COPE
  • item no encontrado

En directo

Directo Herrera en COPE

Herrera en COPE

Con Carlos Herrera

Escuchar