• Sábado, 20 de abril 2024
  • ABC

COPE

Noticias

BURELA | ACIA Burela sorteo dos jamones ibéricos entre los participantes en las jornadas de "Tapeo de cuchara"

cope.escope.es

Tiempo de lectura: 1'Actualizado 27 may 2017

ACIA Burela sorteou dous xamóns ibéricos entre todas as personas que participaron nas xornadas gastronómicas “Tapeo de Cuchara”, que se celebraron nos locais de hostalería a pasada fin de semana. Entraron no sorteo tódalas persoas que selaron a súa tarxeta de participación en catro locais diferentes da ruta. Os gañadores foron María José García Gonzalez , que selou a súa tarxeta en O Trisquel, Cafetería Vista Alegre, Bar Panta e O Secreto do Xoco; e José María Mayan Taboada, que o fixo en Mesón da Pedra, O Traste, Hotel Nordés e Parrillada de Jandro. A campaña “Tapeo de Cuchara” estaba organizada pola Asociación de Comerciantes e Empresarios de Burela e consistía en ofrecer do venres 5 ao domingo 7 de abril minirracións para comer con cuchara. A próxima cita gastronómica será na última fin de semana de abril con un dos pratos fortes da programación anual de ACIA Burela: o concurso de tapas “Un Mar de Tapas en Burela”, que este ano celebra a súa segunda edición, despois da exitosa participación do ano pasado.

Radio en directo COPE
  • item no encontrado

En directo

Directo Poniendo las Calles

Poniendo las Calles

Con "El Pulpo"

Escuchar