• Jueves, 25 de abril 2024
  • ABC

COPE

Noticias

Burela | El alcalde hace un balance positivo de la primera reunión

En breve nueva reunión con departamentos implicados en titulaciones pesqueras

José María González Barcia, ha valorado muy positivamente el encuentro entre el subdierector general de seguridad, contaminación e inspección marítima, Francisco Ramos Corona, con representantes de las cofradías de pescadores de la provincia de Lugo y de las organizaciones empresariales.

cope.escope.es

Tiempo de lectura: 1'Actualizado 27 may 2017

O rexedor sinalou que “o tema fundamental da reunión foron as titulacións mínimas. Ao meu xuízo a xuntanza foi positiva por varias cuestións. Primeiro porque a administración central acercouse o máis directamente posible ao sector, veu a Burela a falar cos representantes do sector pesqueiro na provincia de Lugo, que ten unha grande importancia no tecido socioeconómico, e foi algo que agradeceron publicamente. Segundo, no tema das titulacións mínimas o Goberno Central deu un paso adiante porque xa ten preparada unha norma que vai significar unha redución na tripulación dos barcos. E terceiro, avanzouse si ben é certo que hai algúns outros problemas nesta materia, que veñen de vello e que por parte doutros gobernos non se resolveran”. José Mª González Barcia considera que “os pasos que se deron son importantes aínda que queda camiño por andar. Nese sentido hoxe mesmo xa empezamos a traballar para estudar a viabilidade e o contido dunha próxima reunión na que se podería implicar non só a Marina Mercante senón tamén a outros departamentos que teñen algo que dicir en materia de titulacións pesqueiras”. O alcalde de Burela vai seguir colaborando co sector pesqueiro, “entendemos que esta vía que se abriu agora é de colaboración importante entre as administracións e o sector, co Concello coma ponte, a pesar de que o sector ten as súas propias canles de comunicación coas administracións e ademais sabe usalas moi ben. Pero evidentemente o alcalde de Burela e a Corporación Municipal van estar sempre implicados na defensa dos intereses do sector, que pide unha maior operatividade á hora de desenvolver a actividade pesqueira e, por outra parte, facela máis rendible porque na situación económica actual o primeiro é manter os postos de traballo, pero para iso hai que aguantar a actividade empresarial que xera eses empregos”.

Radio en directo COPE
  • item no encontrado

En directo 2

Directo Herrera en COPE

Herrera en COPE

Con Carlos Herrera

Escuchar