También en directo
Ahora en vídeo
  • megabanner_1:No existe configuración de publicidad para el slot solicitado
Barreiros | La renovación de la ejecutiva se está llevando a cabo en todos los ayuntamientos

Borja Rocha asume la responsabilidad de presidir la agrupación de NN.XX.

En un acto celebrado en el Auditorio Municipal, con la participación del presidente provincial de Nuevas Generaciones, Daniel Vega, han renovada la ejecutiva en Barreiros. Según Vega, se trata de un proceso que están llevando a cabo en todos los ayuntamientos de la provincia; el viernes será en Burela y Ribadeo

O mozo Borja Rocha Vázquez asumiu a responsabilidade de presidir a agrupación político xuvenil de NN.XX na localidade de Barreiros. Rocha Vázquez estará acompañado nesta andaina pola vicepresidenta, Lorena Fernández Redondo; a secretaria xeral, Sonia Díaz Méndez e Daniel Cancio García, como vogal. A renovación da agrupación local de Novas Xeracións tivo lugar no Auditorio Manuel San Pedro, coa participación do presidente provincial, Daniel Vega e do vicesecretario territorial de NN.XX., Diego Campo López. O presidente de NN.XX. da provincia de Lugo resaltou o papel de Novas Xeracións, como “coordinador e enlace” entre a xuventude e o partido e ofreceu a súa colaboración aos novos mozos que decidiron formar parte da agrupación local.  Ao mesmo tempo o presidente provincial asegurou que paulatinamente Novas Xeracións está chegando a un maior número de concellos, se están renovando as xuntas locais e se está a incrementar o número de mozos que deciden formar parte da agrupación política xuvenil pese ao momento de dificultade que se está a vivir.