• Jueves, 28 de marzo 2024
  • ABC

COPE

Noticias

Valadouro |

El BNG reclama del gobierno local participación ciudadana en la elaboración de los presupuestos del 2014

Los nacionalistas recuerdan que su apoyo a la investidura no es incondicional y deben cumplir los compromisos adquiridos para democratizar la vida política de Valadouro, además de otros condicionantes propuestos por el BNG

cope.escope.es

Tiempo de lectura: 2'Actualizado 27 may 2017

Neste sentido lembran que de momento está en marcha unha das propostas do BNG referida “á posta en funcionamento do sistema de préstamo de libros ou na redución dos gastos salariais do grupo de goberno”, pero están pendentes outras cuestións que consideramos de importancia relacionadas coa “democratización e participación cidadá na vida municipal, avanzar e mellorar nas políticas sociais, ou traballar na dirección de avanzar na fusión dos concellos de Alfoz e O Valadouro”. Os nacionalistas recoñecen que hai algunhas cuestións que lles fan ver cambios de interese como puidera ser a posta en marcha dun obradoiro de emprego ligado á horticultura ecolóxica, “unha iniciativa que está en liña cos condicionantes expostos polo BNG para aproveitamento dos recursos produtivos propios que permitiron apoiar a investidura, pero demandamos cambios de maior intensidade e profundidade”. A Asemblea Local do BNG Alfoz-Valadouro quere deixar claro que “non se senten atados para apoiar sen condicións ao grupo de goberno” formado por PSOE e UDIVAL, polo que demandaron a rápida concreción dalgunhas cuestións pendentes que deberán formar parte do orzamento municipal para 2014, así como outras que sen ser necesariamente parte do orzamento municipal requiren do impulso do goberno local. Nos vindeiros días (a iniciativa do BNG) faráse unha rolda de xuntanzas polas parroquias (xa está fixado o calendario)  para impulsar un primeiro achegamento aos ORZAMENTOS PARTICIPATIVOS, no que os propios veciños serán escoitados, así como as asociacións veciñais e parroquiais, tratando de atender as demandas e coñecer in situ as necesidades dos núcleos rurais, xa que consideramos que é pobo quen debe decidir sobre os seus recursos económicos, é dicir, sobre o orzamento municipal. Esixiuse que o Concello poña en marcha unhas bolsas (becas) de transporte para estudantes universitarios. Do mesmo xeito, o BNG esixiu que o Concello se implique nunha problemática denunciada polos pais de alumnos de secundaria nos centros de Foz, que o transporte escolar deixe aos rapaces no núcleo urbano de Ferreira, e non na rotonda de San Acisclo (a varios qms.) como até agora. Lembramos que a unificación dos concellos do val é unha reivindicación histórica da asemblea local do BNG dende a súa fundación, e foi o primeiro grupo político que expuxo o tema á sociedade e o levou ás institucións locais, polo que se insistiu en que o Concello do Valadouro debe camiñar cara a mancomunar todos os servizos posíbeis co Concello de Alfoz, iniciativa moi ben recibida por parte da alcaldía, asegurando que está en proxecto ampliar e dinaminzar a Mancomunidade Río Ouro (integrada polos dous concellos), aínda que cómpre agardar pola aprobación definitiva da Lei de Admón Local.

Radio en directo COPE
  • item no encontrado

En directo

Misa de la Cena del Señor desde la catedral de Murcia

Todos los domingos

Reproducir
Directo Misa de la Cena del Señor desde la catedral de Murcia

Misa de la Cena del Señor desde la catedral de Murcia

Todos los domingos

Escuchar