• Jueves, 25 de abril 2024
  • ABC

COPE

Noticias

Mariña | Los modelos sanitarios del PP limitan los derechos de los vecinos

El BNG rechaza los planes de la consellería de sanidad para suprimir el área sanitaria de la costa

El portavoz comarcal nacionalista, Antonio Veiga, denuncia que la gestión integrada no mejorará la atención a los pacientes como se aseguran desde la Xunta de Galicia. Para los nacionalistas el modelo sanitario del PP “condena a los vecinos a acceder a una sanidad de segundo nivel”

cope.escope.es

Tiempo de lectura: 1'Actualizado 27 may 2017

Antonio Veiga, responsábel comarcal do Bloque Nacionalista Nacionalista (BNG) da Mariña, amosou o rexeitamento da formación que representa contra os plans da Consellería de Sanidade da Xunta de Galiza de estender a xestión integrada a toda Galiza, medida que tería especial incidencia na provincia de Lugo e que suporía a desaparición das áreas sanitarias de A Mariña e Monforte. Veiga insistiu en que “esta medida é un paso máis cara o desmantelamento do sistema sanitario e a súa centralización e lonxe de mellorar a atención dos pacientes, como anunciou a conselleira, Raquel Mosquera, suporá una limitación de dereitos sanitarios e reducirá a seguridade sanitaria dos mariñáns. A xestión integrada situará a sanidade do país en niveis de hai 25 anos e converterá aos hospitais comarcais de Burela e Monforte en sucursais do Hospital Universitario Lucus Augusti de Lugo, xa sobrecargado e no que, con seguridade, aumentarán as listas de espera, se a Xunta prosigue co seu plan”. Nesta liña, o responsábel comarcal dos nacionalistas chamou aos mariñáns a mobilizarse, xa que cando o Goberno galego anunciou a súa intención de suprimir a área sanitaria da Costa, a iniciativa foi paralizada pola alta mobilización social aínda que tamén pola cercanía de varios períodos electorais. O responsábel comarcal do Bloque pediu á Consellería de Sanidade que rectifique, xa que "o modelo sanitario que está propoñendo o Partido Popular condena aos veciños e veciñas das comarcas a acceder a unha sanidade de segunda categoría fronte á que se ofrece nas capitais da provincia, ademais de que complicará a xestión en canto será necesario compartir recursos e afectará, tamén, ao persoal sanitario que sufrirá traslados forzosos”.

Radio en directo COPE
  • item no encontrado

En directo 2

Directo Herrera en COPE

Herrera en COPE

Con Carlos Herrera

Escuchar