• Miércoles, 24 de abril 2024
  • ABC

COPE

Noticias

Barreiros |

BNG y PSOE votan en contra de subir los impuestos que aprueba el PP

Los nacionalistas dicen que el plan de ajuste, presentado por el PP, “hipoteca al ayuntamiento por 20 años e impide inversiones y servicios” El grupo de gobierno entiende que ha modificado el préstamo del plan de pago a proveedores a un periodo de 20 años. Calculan un ahorro anual de 150.000 euros que irán destinados a realizar diversas inversiones.

cope.escope.es

Tiempo de lectura: 4'Actualizado 09 may 2017

Con esta prórroga, coa que se pasa dos dez anos previstos aos vinte para a devolución da débeda, o Concello de Barreiros verase sometido a un intenso control que impide facer investimentos que non sexan financiados por outras administracións e obriga a prestar, exclusivamente, os servizos que se autofinancien. Estas medidas, unidas á única posibilidade de modificar os impostos para incrementalos (tal e como recolle o propio plan presentado), suporá que nos vindeiros vinte anos en Barreiros se producirán continuos incrementos de taxas e prezos públicos para garantir a devolución dunha débeda aos bancos xerada pola mala xestión dun equipo de goberno incapaz de soster o concello. Durante o pleno, a portavoz municipal do BNG, Ana Ermida, pediulle ao alcalde “que deixe de mentir, que deixe de enganar ás veciñas e veciños dicindo que quedarán máis cartos para investimentos cando o propio plan impide realizar máis investimentos que os estritamente necesarios e financiados por outras administracións.” Tamén lle recordou que “minte cando di que o goberno municipal do PP está cumprindo coas medidas adoptadas, xa que hai dous meses, cando se presentou a liquidación do orzamento do 2013, descubríronse os resultados negativos,  polo que tiveron que adoptar medidas extraordinarias.” "As veciñas e veciños de Barreiros ven como exemplo desta mala xestión o estado da rede viaria municipal que se atopa en situación de total abandono, sen ningún investimento para a súa conservación. Súmelle vostede -lle dixo a portavoz do BNG ao alcalde do PP- 18 anos enriba sen investimentos e recortando o cadro de persoal de vías e obras como prevé no plan que presenta. A ver como van estar as pistas e camiños municipais dentro de 20 anos.” Por outro lado, o plan aprobado polo PP “impón que todos os servizos públicos que en catro anos non se autofinancien, polo tanto que se manteñan co que as persoas usuarias paguen por eles, non se poderán prestar polo Concello. Con esta medida, o goberno local do PP pretende, se non llo impedimos, elevar os prezos dos servizos para mantelos, cargando (outra vez) a súa incapacidade sobre as veciñas e veciños, que os servizos se privaticen ou que Barreiros quede sen eses servizos”, explican desde o BNG. O BNG pediu no pleno que non se aplique o plan de axuste, “que non se lle faga pagar ás e aos barreirenses a nefasta xestión do Partido Popular que non soubo xestionar os preto de 2 millóns de euros ingresados nun só ano e creou no Concello un burato de 2,5 millóns.” Visión do PP Na sesión plenaria celebrada no Concello barreirense foi aprobada unha modificación do préstamo do plan de pago a provedores, que pasa de 10 a 20 anos. Tamén inclúe unha baixada dos tipos de interese máis a ampliación don dous anos de carencia. O alcalde, Alfonso Fuente, manifestou que “a calquera que lle ofrezan esas condicións firmaría a modificación cos ollos pechados”. E criticou a falla de apoio de BNG e PSOE. O rexedor explicou que “no pleno de onte en Barreiros levábamos a modificación do préstamo do plan de pago a provedores para pasalo de dez anos a vinte. Xa só por ese feito e sumado á baixada de tipos de interese máis a ampliación con dous anos de carencia, cambiando as condicións nese sentido, eu creo que calquera cidadán que teña un préstamo que de repente lle digan que llo amplían o dobre de prazo, que lle baixan o tipo de interese e que lle amplían a carencia firmaríao cos ollos pechados. Neste caso os únicos que non o ven parece que son o Bloque Nacionalista Galego nin o Partido Socialista, que votaron en contra. Pero eu creo que cando estamos a falar de que se tíñamos que destinar no ano 2015 de 300.000 euros para amortizar o préstamo e agora vamos ter que utilizar 150.000 isto quere dicir que os outros 150.000 euros que nos quedan van servir para novos investimentos no noso concello”. Fuente Parga sinalou que “ao mellor non foi acertado convocar ese pleno de onte despois da xornada electoral do domingo, porque eu creo que o Bloque Nacionalista Galego aínda estaba pensando máis nos resultados do domingo que no propio pleno. E eu creo que quen non vía as cousas era a portavoz do Bloque Nacionalista Galego, Ana Ermida, que é a responsable comarcal do Bloque na Mariña, que terá que analizar tamén os resultados porque dende que ela é responsable do BNG non fai máis que baixar. Tamén baixou o Partido Popular e os seus responsables tamén están analizando evidentemente estes resultados. Pero, como alcalde de Barreiros, a min o que me compete é mirar o ben para os veciños do municipio e non os resultados electorais”. Para o rexedor barreirense “cando non se propón nin unha soa suba de impostos, cando este Concello nos anos 2013 e 2014 non subiu os impostos, dicir que os vai subir estes anos esa é demagoxia pura e dura. Porque evidentemente a partir de 2015, cando temos convocatoria electoral, se hai un cambio de goberno neste Concello xa saben o que teñen que facer. Polo tanto, cando está a dicir que durante 18 anos o alcalde está hipotecando ou subindo os impostos xa estarán pensando en que nunca van gobernar en Barreiros, polo menos nestes vindeiros 18 anos”. Alfonso Fuente cre que “é a mellor opción para o noso Concello. Isto evidentemente xurde do Goberno do Estado, que precisamente cando se está vendo que Concellos como o de Barreiros e de toda España están a cumprir, están rebaixando a débeda, o Goberno ve que este país está indo a mellor e polo tanto o que fai é baixar esa carga, esa presión a tódolos Concellos, dándonos o dobre de prazo para amortizar eses préstamos. Este plan é bo, a medida que nos formulou o Ministerio é correcta e evidentemente así a aprobamos e así se vai levar a cabo. Estas cousas, como sempre, co paso do tempo vanse ver. Verase como esta diferenza de investimento afectará ás estradas e a outros servizos que se prestan no concello de Barreiros, que día a día se van mellorando”.

Radio en directo COPE
  • item no encontrado

En directo

Directo Herrera en COPE

Herrera en COPE

Con Carlos Herrera

Escuchar