• Viernes, 19 de abril 2024
  • ABC

COPE

Noticias

Alfoz | Hace 20 años que no se utiliza

El BNG propone el arreglo de la báscula de Correlos

Los nacionalistas explican que se trata de una báscula que forma parte de la historia de la parroquia de Mor, donde el primer miércoles de cada mes se celebraba una feria. La báscula no sólo servía para pesar los terneros el día de la feria, su utilización era diaria. Plantean el arreglo de la puerta orientada al poniente, del tejado por donde está entrando el agua y una limpieza interior para evitar la corrosión en las piezas.

cope.escope.es

Tiempo de lectura: 2'Actualizado 26 may 2017

Na Asemblea Local do BNG cónstanos que no 2011 unha asociación local xa se dirixiu ao Concello de Alfoz pra demandar o coidado da báscula de Correlos, mais por parte do Concello non se acometeu mellora ningunha, polo que a instalación segue a deteriorarse, nomeadamente no inverno, xa que hai varios anos que os furados do tellado permiten o paso da chuvia, e por riba, a comezos de febreiro o temporal rachou unhas táboas da porta. A Báscula da Feira de Correlos forma parte da historia da parroquia, do Concello e da contorna do Río Ouro, cómpre sinalar que estamos a falar da derradeira báscula de feira que se conserva non só no Alfoz, senón en toda a bisbarra do Valadouro. Trátase dun elemento propio das tradicións comerciais rurais e da idiosincrasia local. Malia atopárense nun terreo privado, a báscula é de titularidade pública, xa que era unha instalación baixo responsabilidade municipal no tempo en que foi de uso cotián. A Feira de Correlos tiña lugar o primeiro mércores de cada mes, e a construción da que falamos é de mediados dos anos '40, anteriormente a esta data a báscula estaba protexida por un cobertizo de madeira, mais a febleza desta protección obrigou á construción dun inmoble de pedra. A pesaxe dos xatos era un servizo público, controlado normalmente por un empregado municipal -ou ou veciño con licenza, en Correlos tamén exerceron como pesadores os taberneiros locais- que cobraba aos veciños que se achegaban pra pesar os animais. A báscula daba servizo non só os días de feira, e foi a instalación de referencia para varias parroquias da contorna. Aínda que está en desuso debido á desaparición das feiras de gado vacún hai máis de vinte anos, non debemos deixar que desapareza este ben público que constitúe un elemento vivo da historia, da identidade e da cultura do noso povo. Proposta A báscula de Correlos, na parroquia de Mor, forma parte do patrimonio histórico do noso Concello, cómpre decatarse de que é a derradeira báscula de feira que queda tanto no Alfoz como na comarca natural do Río Ouro. Aínda que a devandita instalación se atopa nun terreo privado, a báscula da Feira de Correlos é un ben público, do que se ten servido a veciñanza durante moitos anos, cómpre sinalar que a báscula daba servizo tamén fóra dos días de feira e a varias parroquias da contorna. Actualmente atópase nun aceptábel estado de conservación malia dúas eivas que convén arranxar antes de que o tempo incida na súa deterioración. Habería que repoñer unhas poucas táboas nunha das portas -afectada parcialmente polo vento e a chuvia a comezos de febreiro- e máis arranxar unhas lousas do tellado -problema xurdido hai máis de dous anos- pra evitar que chova dentro e afecte á bascula propiamente dita.

Radio en directo COPE
  • item no encontrado

En directo

Directo Herrera en COPE

Herrera en COPE

Con Carlos Herrera

Escuchar