• Viernes, 19 de abril 2024
  • ABC

COPE

Noticias

Mariña | Han visitado el personal que permanece encerrado en el hospital

El BNG pide al PP que corrija los desprecios a los mariñanos apoyando la enmienda a los presupuestos

La diputada nacionalista en el Parlamento Gallego, Carme Adán, ha anunciado la presentación de una enmienda de 5 millones de euros a los presupuestos generales de la Xunta para la ampliación y mejora del Hospital da Costa Antonio Veiga denuncia que “cada recorte en sanida es un paso más cara a la privatización”

cope.escope.es

Tiempo de lectura: 3'Actualizado 26 may 2017

Os nacionalistas trasladaron deste xeito o seu apoio ás reivindicacións e demandas da Xunta de Persoal do centro hospitalario e a Plataforma pola Sanidade Pública da Mariña que insisten na necesidade de manter a actual área sanitaria da Costa e mellorala. Neste senso, Carme Adán explicou que a “implementación do modelo de Xestión Integrada anunciado por Rocío Mosquera, conselleira de Sanidade, provocará o retroceso da atención sanitaria na comarca a tempos pretéritos xa que o Hospital Universitario Lucus Augisti (HULA) dista máis de 100 quilómetros.” “Ano tras ano, orzamento tras orzamento –continuou a parlamentaria do BNG- os mariñáns constatan como os recortes do Goberno do Estado e a Xunta de Galiza tradúcense nunha perda de dereitos sanitarios e unha merma na calidade asistencial. Os recortes no orzamento do Sergas para este ano son brutais:  1,9 millóns en gastos de persoal e,  unha vez máis, non contemplan a ampliación do Hospital. Estas contas son a demostración das mentiras do presidente do Goberno galego, Alberto Núñez Feijóo, e do Partido Popular na Mariña; entre todos prometeron até en seis ocasión a ampliación do centro hospitalario e non hai ningún sinal que garanta dita actuación en canto os orzamentos de 2013 consignan so 50.0000 euros para este fin.” A este respecto, Adán  concluíu anunciando que o Grupo Parlamentario do BNG presentou unha emenda a estas contas por valor de 5 millóns de euros para a ampliación e mellora do Hospital da Costa. “O Partido Popular ten agora a oportunidade de corrixir todas os seus desprezos á comarca da Mariña e, polo tanto, a todos os mariñáns, votando a favor desta emenda. O problema deste hospital non é o persoal, como se fixo crer nalgún intre, senón da nulidade e incapacidade da dirección do centro e da Xunta.” Pola súa banda, Antonio Veiga insistiu en que o Bloque Nacionalista Galego seguirá a traballar para evitar que os populares continúen coa súa ofensiva desmanteladora da sanidade pública  e denunciou que os 12,7 millóns de euros recortados no orzamentos deste ano con respecto aos de 2012 en atención primaria agoiran medidas dramáticas na asistencia máis próxima ao cidadán. “Cada recorte que se aproba é unha peza máis do puzzle do Partido Popular cara a privatización.” 24 horas pechados Este peche é un mais dos que se están a levar a cabo en tódolos hospitais de Galiza, comezando o 5 de febreiro nos Hospitais de A Coruña, Ourense e Barbanza,  seguidos polo peche do día 7 de Ferrol, Monforte, Pontevedra e Cee, hoxe Burela, Santiago, O Barco e o Salnes e rematando o día 18 co peche dos Hospitais de Vigo, Lugo e Verín. O motivo destes peches é manifestar  o rexeitamento mais enérxico as políticas sanitarias que dende os gobernos se están a levar a cabo e que se traducen nun continuo desmantelamento da nosa sanidade. Por todo elo, gritamos un NON, -NON A PRIVATIZACIÓN DA SANIDADE PÚBLICA, non ten cabida o facer negocio coa nosa saúde, coa nosa vida. -NON A PERDA DE ORZAMENTOS PROPIOS NA ÁREA DA MARIÑA, NON QUEREMOS DEPENDER DE LUGO, tal e como en recentes declaracións de prensa apuntaba a nosa Conselleira Rocío Mosquera. -NON AO REPAGO DE PRESTACIÓNS SANITARIAS, medicamentos, próteses, ambulancias e demais ocorrencias que irán xurdindo co claro animo de facernos crer que a sanidade non é sostible. -NON AOS RECORTES ORZAMENTARIOS DE 2 MILLONS DE € PARA O NOSO HOSPITAL E DE 12 MILLONS DE € PARA A ATENCIÓN PRIMARIA, que se traduce na perda de calidade asistencial e no empobrecemento da nosa comarca -NON AS PROMESAS INCUMPRIDAS DE AMPLIACIÓN DO NOSO HOSPITAL,  ano tras ano veñen mentíndonos cun proxecto de ampliación, ao tempo que orzamentan para este ano 50.000 €  para infraestruturas. Con isto temos claro que como moito, mercarán un novo Barracón para unir aos dous xa existentes. -NON A FALTA DE CONTRATACIÓN DE PERSOAL , cando a través dos medios de comunicación faise público o colapso que vive o noso Hospital e non se reforzan as prantillas de persoal. Resaltar que  este o bo funcionamento deste Centro, débese ao esforzo dos traballadores e traballadoras e non as políticas de destrución de emprego postas en marcha por esta Xerencia -NON AOS RECORTES SALARIAIS E DE CONDICIÓNS DE TRABALLO, que fan que os e as profesionais acumulasen en 5 anos unha perda retributiva do 30% nuns salarios xa de por si, moi por debaixo da media Europea. -NON AO DESPRESTIXO DA SANIDADE PÚBLICA  PROMOBIDO DENDE O GOBERNO que vemos como difunden mensaxes despectivos para coas empregadas e empregados públicos e oratorias perversas de que a privatización da sanidade é mais barata e mais rendible.

Radio en directo COPE
  • item no encontrado

En directo

La Tarde

Pilar Cisneros y Fernando de Haro.

Reproducir
Directo La Tarde

La Tarde

Pilar Cisneros y Fernando de Haro.

Escuchar