• Viernes, 26 de abril 2024
  • ABC

COPE

Noticias

Foz | La solución para la ría pasa por eliminar los espigones que la ahogan

El BNG pide al gobierno local "deje de engañar a la gente" con el dragado y plan portuario

Los nacionalistas focenses expresan su malestar por los continuos anuncios que realizan cargos y miembros del PP referidos al dragado del puerto de Foz. Manifestaciones que no hacen más que poner en evidencia la falta de seriedad con que e PP trata los temas importantes de Foz y para su actividad turística y pesquera.

cope.escope.es

Tiempo de lectura: 3'Actualizado 27 may 2017

Aló polo 16 de outubro de 2010, o Partido Popular de Foz, congratulábase das xestións realizadas nunha reunión “de urxencia” con director xeral de Portos de Galicia acompañados do deputado autonómico José Manuel Balseiro Orol, na que “había un compromiso a axilizar o proxecto definitivo de dragado das dúas dársenas portuarias, para levalo a cabo coa maior prontitude posible”. Ao día de hoxe  aínda non se dragou ningunha das dársenas. O 2 de decembro de 2011 o que dicía o portavoz de Mar do PP no Parlamento, o mesmo José Manuel Balseiro, sobre o dragado era que «a actuación permitirá desterrar o risco de varada de embarcacións e facilitará que o porto recupere a normalidade». Efectivamente, despois de 15 meses, Balseiro tiña razón: a actuación do PP, que consistiu en non facer nada, deixou que se recuperara a normalidade, é dicir, seguimos sen calado na entrada e tamén nas dársenas de atraque. En xaneiro de 2012 o dragado, segundo o presidente de Portos de Galicia, José Juan Durán, explicou que os trámites do dragado estaban «avanzados» e que “Portos estaba a traballar nun estudo que permitiría solucionar o problema do calado de forma definitiva”. O mesmo personaxe á vez que o alcalde de Foz tamén falaron en varias ocasións –incluída na campaña electoral das municipais onde foi a proposta estrela- da a reorganización do porto (novo porto vanús).  Ese mesmo día, o presidente de Portos falaba de “elaborar un estudo para ver se é posible a colocación de estacas na Ría, de forma que as areas quedarían separadas a ambos os dous lados, permitindo sempre o paso de barcos”. Nada sabemos dese estudo. Nas mesmas declaracións aseguraba que “era un proxecto complicado que necesita desta asistencia técnica porque o obxectivo sería o de instalar unhas 400 prazas de amarre en pantaláns». Dita asistencia contaba segundo dicía cun orzamento de 70.000 euros. Pero pregunta o BNG: ¿onde está o estudo que ía solucionar de forma definitiva o problema de calado? E ¿onde están as 400 prazas de amarre e onde os 70.000 euros da asistencia técnica? No mes de xuño de 2012, o propio deputado Jose Manuel Balseiro agradecía o compromiso do Goberno galego con estes proxectos e sinalaba que supoñían un investimento próximo aos 600 mil euros, en menos de 24 meses, destinados a facer realidade o que outros prometeron e non cumpriron. Na propia web do parlamentario popular anunciábase que Portos de Galicia confirmáballe que “o dragado integral en Foz se executará a partires do remate do verán” . Tamén falaba de que antes incluso do verán “coñeceranse os resultados do estudo de hidrodinámica que busca impedir que se produzan novos depósitos de sedimentos areosos así como do estudo técnico e de viabilidade económica previo á remodelación das instalacións portuarias de Foz”. O BNG pregúntalle ao PP: ¿onde está o dragado integral? ¿onde os resultados do estudo hidrodinámico? Pasado algún tempo e por varias ocasións –polo menos tres- o alcalde de Foz, Javier Castiñeira, prometeu que o dragado ía facerse xa. Primeiro pola primavera de 2012, despois antes do verán, máis tarde despois do verán e finalmente non se sabía. Agora xustifican o retraso por problemas técnicos e parece que volven a anunciar o dragado para esta primavera. Para o BNG, estes continuos anuncios están provocando que en Foz xa ninguén crea o PP nin os seus anuncios así como un gran cabreo entre á xente do mar. Pero é máis, sabemos que os dragados non son a solución definitiva á falta de calado da Ría e do Porto. O problema de calado é algo que arrastra o Porto de Foz desde hai moitos anos pero que, segundo estudos científicos, empeorou coa construción entre os anos 60 e 80  de varios espigóns dentro da Ría que provocaron tanto a colmatación do esteiro do Masma como a erosión da praia de Altar, en Barreiros. Tanto Portos como Costas levan investido moitos millóns de euros tanto en dragados como en aportes de area e obras de consolidación litoral sen obter ningún éxito. Desde un principio o BNG sempre rexeitou a construción de ditos espigóns e o tempo deunos a razón. Así, que unha posible solución para dotar de calado á Ría e ao Porto –fóra de posibles dragados puntuais - pasaría en primeiro lugar pola eliminación do espigón de Punta Anguieira e por estudar de forma seria alternativas que non supuxeran malgastar tantos cartos públicos nin danar aínda máis a Ría de Foz.

Radio en directo COPE
  • item no encontrado

En directo

Directo El Partidazo de COPE

El Partidazo de COPE

Con Juanma Castaño

Escuchar