• Viernes, 26 de abril 2024
  • ABC

COPE

Noticias

Cervo | Explicaciones, documentación de gastos y resultados

El BNG pedirá a Villares las cuentas del viaje a Fitur de dos miembros del gobierno

El portavoz nacionalista, Xoán Antón Estúa, considera “un exceso” que dos miembros del gobierno local viajen a la feria internacional de turismo, cuando la mayoría de los ayuntamientos mariñanos, por cuestiones económicas, no van o sólo fue un representante. “Para ir pasar unos días y hacerse unas fotos en Madrid llegaba con un representante” según Estúa.

cope.escope.es

Tiempo de lectura: 2'Actualizado 26 may 2017

O BNG cualificou de “exceso en gasto improductivo” o feito de que dous membros do grupo de goberno municipal viaxen a FITUR xa que “para facerse fotos non facían falla tantas alforxas”. Os nacionalistas consideran que na situación económica actual, cando se está recortando persoal municipal, deixando ao persoal municipal sen extra ou incrementando as taxas e impostos municipais á cidadanía, non é de recibo que dos cinco concellos da Mariña que este ano viaxaron a FITUR, Cervo vaia varios días a Madrid cunha delegación de dúas persoas como si aquí non pasara nada. Mentres a maioría dos concellos da comarca non asisten por motivos económicos, o goberno local de Cervo como sobran recursos económicos envía dúas persoas a facerse fotos. Os nacionalistas cuestionaron “o exceso de gasto” que supón para as arcas municipais enviar dous representantes do goberno local varios días a FITUR e comparou a actitude doutros concellos da comarca que non enviaron representantes por motivos económicos ou foron só un representante por concello; chama a atención que os cinco concellos mariñaos que asisten a FITUR envían aos respectivos alcaldes, “pero Cervo como sobran recursos económicos envía dous e varios días”. “Os nacionalistas non critican que o concello estea representado nesta feira turística, outra cousa son os excesos representativos e de gasto para sacarse unhas fotos”. Pedirán explicacións ao alcalde dos gastos e as xestión realizadas Os nacionalistas anunciaron que pedirán ao goberno municipal información sobre os gastos da viaxe e estancia da concelleira de turismo e o alcalde en FITUR, cales foron os contactos realizados, con qué resultados e cal foi o motivo polo que foi necesario o desprazamento de dous representantes á feira. Para o BNG “non parece moi razoábel que o goberno local multiplique con tanta alegría determinados gastos ao tempo que aproba subas indiscriminadas de taxas e impostos municipais  ou recortes salariais e de persoal na plantilla municipal.

Radio en directo COPE
  • item no encontrado

En directo

Directo El Partidazo de COPE

El Partidazo de COPE

Con Juanma Castaño

Escuchar