• Martes, 23 de abril 2024
  • ABC

COPE

Noticias

Mariña | Unos 400 empleos están en riesgo en la Mariña

El BNG pedira en el congreso soluciones para la flota dedicada a la captura de la caballa

Los nacionalistas urgen un acuerdo inmediato para evitar que continúe retrasándose el inicio de la campaña y la flota siga asumiendo cuantiosas pérdidas económicas. El responsable comarcal del BNG, Antonio Veiga, alerta de que en la Mariña están en riesgo unos 400 empleos de la industria de transformación vinculada a la caballa

cope.escope.es

Tiempo de lectura: 1'Actualizado 27 may 2017

Antonio Veiga, responsábel comarcal do Bloque Nacionalista Galego na Mariña, anunciou, esta mañá, que a súa formación pedirá no Congreso dos Deputados un reparto de cotas máis beneficioso para a flota galega de cabala, cuxo tope establecido pola UE para este ano é inferior ao de 2012, o cal é considerado polo propio sector como insuficiente. Dende o BNG urxen ao Goberno do Estado a acadar un acordo inmediato para establecer un novo sistema de reparto das cotas do caladoiro Cantábrico Noroeste e evitar que a flota estea parada máis tempo asumindo cuantiosas perdas económicas. Neste senso, Veiga recordou que “a cabala é unha das especies máis importantes para a flota galega e, especialmente para a da Mariña, polo que é imprescindíbel que o Goberno central teña en conta esta circunstancia e facilite acadar un acordo que amplíe os límites de captura.” “Estamos de acordo –continuou o responsábel nacionalista – en que o carácter emblemático da pesca de cabala obriga a manter un control de todos os buques que capturan esta especie en augas do caladoiro nacional do Cantábrico Noroeste, pero iso non pode continuar prexudicando á flota e retrasando o inicio da campaña.” Antonio Veiga alertou da destrución de emprego que podería producirse se non se ofrecen solucións concretas e inmediatas en canto tamén o sector de transformación vinculado á pesca de cabala, que da traballo a máis de 400 persoas na comarca, está a resentirse pola redución dos cupos e o retraso do inicio da campaña. “Tendo en conta que A Mariña é unha das comarcas nas que máis se está incrementando o desemprego, a busca de solucións para a pesca da cabala e a industria de transformación debe ser un exercicio de responsabilidade do Goberno central.”

Radio en directo COPE
  • item no encontrado

En directo 2