• Sábado, 20 de abril 2024
  • ABC

COPE

Noticias

Mariña |

El BNG se opone a la existencia de un único partido judicial para toda la provincia

La responsable comarcal del BNG, Ana Ermida, asegura que la centralización de la actividad judicial en las capitales de provincia responde a la estrategia del PP de desmantelar paulatinamente los servicios públicos en la zona rural. Los nacionalistas quieren el mantenimiento de los ocho partidos judiciales, entre los que se encuentran los mariñanos de Mondoñedo y Viveiro; y siguen apostando por la creación del de Ribadeo.

cope.escope.es

Tiempo de lectura: 1'Actualizado 26 may 2017

Ana Ermida, responsábel comarcal do Bloque Nacionalista Galego (BNG), ven de anunciar que a súa formación presentará no Congreso dos Deputados, a a través da deputada Olalla Fernández Davila, unha iniciativa na que reclamará ao Goberno do Estado o mantemento de todas as unidades xudiciais que existen na provincia de Lugo: A Fonsagrada, Becerreá, Sarria, Chantada, Monforte, Mondoñedo, Vilalba e Viveiro. Os nacionalistas amosan deste xeito o seu rexeitamento á proposta do ministro de Xustiza, Alberto Ruíz Gallardón, coa que pretende centralizar a actividade xudicial nas capitais de provincia, neste caso en Lugo. Ermida afirma que “esta medida, que deixaría un único partido xudicial por provincia, non ten sentido nun país coma Galiza caracterizado pola dispersión poboacional. “ “O Partido Popular –continua a responsábel comarcal do BNG- emprendeu unha reordenación dos servizos sanitarios, de facenda e dos servizos de xustiza,  que provocará que os cidadáns, para poder facer uso dos seus dereitos, teñan que desprazarse moitos quilómetros, co consecuente trastorno persoal, familiar, laboral e económico que iso supón. Os dirixentes populares están a negar á cidadanía das comarcas uns servizos que son necesarios para todos. Todas as reformas do Goberno do Estado e a Xunta de Galiza responden a unha estratexia de desmantelamento dos servizos públicos do rural. “Non queremos que a Mariña dependa de Lugo, somos unha comarca con entidade propia e con poboación suficiente para que todos os servizos se poidan prestar desde aquí.” Xulgado de Ribadeo Fronte aos plans do Goberno central, desde o Bloque continúan apostando por acercar os servizos á cidadanía, polo que volven a reivindicar a recuperación do xulgado de primeira instancia de Ribadeo; petición que incluso o Tribunal Superior de Xustiza de Galiza xa apoiou no 2004.

Radio en directo COPE
  • item no encontrado

En directo

La Mañana Fin de Semana

Con Antonio Herraiz

Reproducir
Directo La Mañana Fin de Semana

La Mañana Fin de Semana

Con Antonio Herraiz

Escuchar