También en directo
Ahora en vídeo
  • megabanner_1:No existe configuración de publicidad para el slot solicitado
Mariña |

El BNG inicia una campaña informativa y de movilización contra el PP

La responsable comarcal de los nacionalistas, Ana Ermida, llama a hacer una rebelión social para parar las políticas lapidarias de la derecha. La primera acción será hoy en el mercado semanal de Foz.
  • cope.es
  • cope.es

O Consello Comarcal do Bloque Nacionalista Galego (BNG) reuniuse en Foz para acordar as accións informativas que a formación levará a cabo por toda A Mariña no marco da campaña ‘Non é unha crise, é un roubo’ que, segundo explicou Ana Ermida, responsábel comarcal, ten como obxectivo “informar e mobilizar ao pobo fronte ás políticas de desgoberno do Partido Popular que están a provocar cada vez máis pobreza e sumindo aos sectores produtivos nunha crise sen precedentes”. No marco desta campaña están previstos actos informativos, mesas redondas e accións de protesta para incentivar o contacto social da organización e denunciar a destrución do tecido produtivo propio, a desfeita das ferramentas financeiras do país, o roubo aos aforradores, o desmantelamento dos servizos públicos e a destrución de emprego na comarca. A primeira acción terá lugar mañá, martes 14 de maio, ás 11:30 horas, no Mercado de Foz, onde unha delegación de membros do Bloque repartirá material informativo e explicará aos mariñáns como as políticas de austeridade fan que a comarca acade cifras históricas de paro, os principais sectores produtivos estean entrando nunha espiral de crise difícil de superar e se estean a desmantelar os servizos públicos. Desde a formación nacionalista insisten na importancia de que o pobo amose o seu descontento e rexeitamento ás medidas que se están adoptando desde o Goberno do Estado e a Xunta de Galiza. “Saír á rúa – insistiu Ermida- converteuse no único xeito de ser escoitados e de que os dirixentes populares muden as súas políticas. As mobilizacións da pasada semana en contra da LOMCE fixeron ao Goberno adiar a reforma, e temos que seguir na mesma liña para evitar que lapiden os nosos dereitos”. “O pobo ten que dar unha resposta social unificada ás políticas crueis do Partido Popular. É preciso articular unha rebelión organizada contra todos os gobernos que aproban seguir afundindo ao pobo para salvar á banca. A maioría social deste país está a sufrir un roubo mentres o poder financeiro incrementa as súas ganancias” – concluíu a responsábel comarcal do Bloque Nacionalista Galego.  

Lo más visto