• Sábado, 20 de abril 2024
  • ABC

COPE

Noticias

Muras |

El BNG denuncia "división del PP en Muras" a la hora de votar en pleno

El Viceresponsable comarcal del BNG, Xoán Antón Estúa, se muestra sorprendido por el apoyo de la dirección provincia del PP a Issam Alnagm como candidato a la alcaldía, después de ver la división en el gobierno local que saca adelante un acta con el único voto del alcalde.

cope.escope.es

Tiempo de lectura: 2'Actualizado 27 abr 2017

Para o BNG da Mariña “causa estupor ver como desde a dirección provincial do Partido Popular se avala a candidatura de Issam Alnagm como candidato á alcadía de Muras despois de ver como os xulgados e mesmo o seu grupo de goberno o poñen en cuestión polas sucesivas irregularidades cometidas”. “A candidatura de Issam Alnagm polo PP non é para beneficiar á veciñanza de Muras, senón para beneficiarse el e a súa familia como sucedeu coa compra e obras realizadas na aldea etnográfica de Carelle”, afirmou o Vice-responsábel Comarcal do BNG na Mariña, Xoán Antón Estúa. O BNG mariñao fai pública a acta do pleno celebrado o 22 de decembro de 2014 – acta do pleno de orzamentos para 2015 – que sae aprobada co único voto do alcalde e coa abstención de toda a corporación, incluídos tres votos do grupo de goberno do alcalde que se negan a votar a favor segundo se entende, por seren enganados nas cifras para financiamento dunha obra incluída nos referidos orzamentos. Para o BNG o resultado desta votación constata a división existente no grupo de goberno do Partido Popular en Muras, onde tres concelleiros deixan so ao alcalde nunha votación por desconfianza na súa xestión dos asuntos públicos. A formación nacionalista ve lóxica esta decisión diante do modelo de goberno caciquil do alcalde que non comparte as decisións nin sequera co grupo que o apoia, e moito menos goberna para o pobo senón no seu propio beneficio persoal. Os nacionalistas lembran que nos últimos anos este alcalde pasou mais tempo imputado que libre de sospeita, algo que á vista da súa nova concorrencia á alcaldía polo Partido Popular perece non ter relevancia para este partido que o avala novamente despois de chamar despectivamente “yeyes” aos seus dirixentes e de ser posto en cuestión polos xulgados e polos seus  propios compañeiros no goberno municipal. Sorprende, afirmou Estúa, que desde a dirección provincial do partido sitúen como retos deste alcalde que leva 20 anos no goberno, a recuperación do censo e a mellora da calidade de vida da súa poboación, fundamentalmente maior; cando desde a súa chegada ao goberno local Muras perdeu o 43% da súa poboación e a que queda residindo no concello, que conta co PIB mais alto de Galiza polos cuantiosos ingresos que percibe de instalacións eólicas, non se beneficia desta posición de privilexio senón que o fai o alcalde e a súa familia, rematou Estúa.

Radio en directo COPE
  • item no encontrado

En directo

La Mañana Fin de Semana

Con Antonio Herraiz

Reproducir
Directo La Mañana Fin de Semana

La Mañana Fin de Semana

Con Antonio Herraiz

Escuchar