• Miércoles, 24 de abril 2024
  • ABC

COPE

Noticias

Mariña |

El BNG cree que el PP usa criterios electorales en las inversiones de la Xunta para el 2015

La portavoz comarcal, Ana Ermida, en una primera valoración sobre las inversiones de la Xunta para la Mariña en los presupuestos del 2015, manifestó que “Feijoo elaboró unos presupuestos con fines electoralistas que tratan de tapar con parches los compromisos incumplidos”. Sobre las valoraciones de los dirigentes mariñanos del PP dijo q ue se trataba de una “sobreactuación eufórica”

cope.escope.es

Tiempo de lectura: 2'Actualizado 09 may 2017

Claro exemplo desta folla de ruta é o millón de euros previsto para o Hospital da Costa e as previsións para os próximos dous anos que non permitirán o remate desta actuación antes de seis ou sete anos mentres a comarca perde autonomía de xestión, persoal sanitario e calidade asistencial tanto en asistencia primaria como en especializada en beneficio de Lugo. A portavoz comarcal nacionalista, Ana Ermida Igrexas, explicou que é unha realidade incuestionábel, “o abandono da comarca non se soluciona con parches de ladrillo e formigón colocados en función dos intereses partidistas do PP”. Para a nacionalista os orzamentos non solucionan os grandes problemas da comarca e están dirixidos a servir aos intereses electorais do PP nas próximas eleccións municipais. Neste sentido situou a partida consignada para a VAP da Costa entre San Cibrao e Celeiro, “un tramo que nace morto ao non ter continuidade cara o occidente da comarca polos retrasos na execución do tramo estatal e tampouco cara Ferrol, porque o PP paralizou a variante de Viveiro para ter unha escusa que evite cumprir o prometido remate deste viario ate Ferrol antes de 2017.” Na mesma liña considerou que “as promesas de Feijoo sobre a ampliación do Hospital da Costa quédanse en anuncios sen continuidade nin consecuencias prácticas”, “o millón de euros previsto para 2015 e as previsións para os próximos dous anos fan que o remate desta actuación non se prevea antes de seis ou sete anos, mentres a comarca segue perdendo autonomía de xestión sanitaria, persoal sanitario e calidade asistencial tanto en especializada como en primaria en beneficio de Lugo”. A nacionalista cualificou as valoracións dos dirixentes do PP na comarca de “sobre actuación  eufórica” cando son reponsábeis por acción e omisión de non defender ante o seu partido a importancia cualitativa e cuantitativa da Mariña no ámbito socioeconómico e demográfico. Neste sentido especificou que o Partido Popular garantiu que a creación da área de Xestión Integrada con dirección en Lugo permitiría manter competencias á Mariña “en recursos económicos, recursos humanos, infraestruturas e prestación de servizos, tanto no Hospital da Costa como nos centros de saúde da área sanitaria mariñá(Pilar Farjas 12/05/2010)”, cando a realidade di todo o contrario porque actualmente a xerencia executiva do Hospital da Costa convertérona en simple transmisora das ordes emitidas desde a xerencia provincial.

Radio en directo COPE
  • item no encontrado

En directo

La Tarde

Pilar Cisneros y Fernando de Haro.

Reproducir
Directo La Tarde

La Tarde

Pilar Cisneros y Fernando de Haro.

Escuchar