• Viernes, 19 de abril 2024
  • ABC

COPE

Noticias

Valadouro |

El BNG al contrario del PP, tiene como única preocupación el avance de O Valadouro y no la silla de la alcaldía

Los nacionalistas dicen a Balseiro que busque fuera del BNG el consuelo a sus meteduras de pata y que están dispuestos a apoyar un gobierno alternativo. Los órganos de dirección del BNG apoyaron desde el primer momento la participación del concejal nacionalista en unas negociaciones en las que defendió los intereses de los vecinos.

cope.escope.es

Tiempo de lectura: 2'Actualizado 27 may 2017

Que alguén co nivel intelectual de Balseiro empregue o termo “tonto” resulta cando menos irónico. Recoñecemos que nos puxo moi doada a resposta á súa rabecha mediática. Propio del, amante das prácticas de risco aínda que acabe poñendo en perigo aos mesmos que pretende salvar, como lle aconteceu co saínte alcalde do Valadouro, a quen quixo axudarlle tanto que o chimpou da alcaldía coas súas estratexias de patacón. O BNG Alfoz-Valadouro fixo o que tiña que facer nun concello paralizado durante 25 anos polos gobernos municipais da dereita. Neste cuarto de século O Valadouro non cesou de perder poboación, de ver como lle marchaban históricas e prósperas empresas, de observar con impotencia como se obstaculizaba aos emprendedores, como se dificultaba a apertura de novos comercios, como se facía deixación absoluta da protección sobre masas e viais forestais… Precisará máis argumentos Balseiro para entender por que vamos apoiar un goberno alternativo á desfeita que supuxo o PP no Valadouro? Os órganos de dirección do BNG apoiaron dende o primeiro intre a participación e a potestade do concelleiro Eduardo Chao nunhas negociacións nas que defendeu ferreamente os intereses da veciñanza, e nas que por certo, desenvolveu un exitoso papel, conquerindo que o resto dos grupos se sensibilizasen coas causas e obxectivos que o BNG local plantexou como condicións. De calquera xeito, a Asemblea do BNG Alfoz-Valadouro posúe plena autonomía para decidir a súa posición nas cuestións municipais, cousa que de seguro non entenderá Balseiro, personaxe afeito á caudillaxe endémica do seu partido, aínda así, reiteramos o noso apoio ao caudilliño provincial do PP, porque faino tan mal que os valores democráticos saen gañando, boa proba é o seu Valadouro natal. Sinceramente  apoiamos a Balseiro como secretario provincial dos conservadores, xa que coas súas torpes manobras acabou converténdose nun valedor da democracia e as forzas progresistas, e avogamos por que siga a practicar esta táctica, aínda que supoñemos que os alcaldes do PP comezarán a fuxir da súa asesoría se queren conservar o cargo, sobre todo despois da carnizaría política que perpetrou con Lamela.  

Radio en directo COPE
  • item no encontrado

En directo

La Tarde

Pilar Cisneros y Fernando de Haro.

Reproducir
Directo La Tarde

La Tarde

Pilar Cisneros y Fernando de Haro.

Escuchar