• Viernes, 19 de abril 2024
  • ABC

COPE

Noticias

Ribadeo |

El BNG cambia de responsable

El proceso de renovación de responsabilidades internas llegó a la Asamblea Local del BNG que acaba de escoger su nueva dirección. La principal novedad es la elección de Marcos Loureiro, profesor de enseñanza media, como sustituto de Xavier Campos, que ejercía el cargo en los últimos tiempos. Pasa a ser vice responsable local Vanesa Yanes.

cope.escope.es

Tiempo de lectura: 1'Actualizado 27 may 2017

A elección de Loureiro e Yanes permitirá manter a coordinación na información e no traballo entre o conxunto da militancia nacionalista de Ribadeo e a mocidade, sector onde ambos viñan traballando activamente. Loureiro sinalou a súa vontade de “continuar co bo facer das persoas que o antecederon na responsabilidade” ao tempo que explicou o seu convencemento de que “máis que nunca é o tempo da política, da participación e da implicación dos cidadáns na transformación dunha realidade que é preciso cambiar”. Deste xeito, anunciou que “desde o BNG de Ribadeo pretendemos que as nosas asembleas locais estean abertas á nosa base simpatizante e, tamén, a todas aquelas persoas que forman parte activa dunha maioría inqueda e transformadora coa que queremos compartir o noso proxecto”. O recén eleito responsábel local engadiu tamén que o BNG márcase como obxectivo traballar “na procura da xustiza social fronte á ditadura dos mercados, que están a impoñer medidas extremadamente duras e inxustas para o conxunto das maiorías sociais a través da acción de gobernos como os do Partido Popular na Xunta e no Estado”. No que atinxe á política local, sinalou a vontade do BNG de Ribadeo de manter a súa liña de “diálogo constante con todos os movementos sociais e políticos, a proximidade á veciñanza como norma xeral e seguir atendendo, como até o de agora, as múltiples problemáticas da mocidade”.

Radio en directo COPE
  • item no encontrado

En directo 2

Directo Herrera en COPE

Herrera en COPE

Con Carlos Herrera

Escuchar