También en directo
Ahora en vídeo
  • megabanner_1:No existe configuración de publicidad para el slot solicitado
Valadouro |

El BNG abierto al diálogo por el bien de O Valadouro

Los nacionalistas de Alfoz-Valadouro se han reunido para estudiar su postura con repecto al a moción de confianza presenetada por el alcalde de O Valadouro. Acordaron dialogar con cualquier grupo político pero con un programa y unos compromisos unidos a la garantía de cumplimiento.

Fica claro que por parte da alcaldía non se cumpriron as expectativas agardadas pola veciñanza. O rexedor traizoou os veciños ao non avanzar en cuestións cruciais como a creación dun polígono industrial, fomento do emprego para evitar o despoboamento, etc. Estamos a falar dun alcalde con dedicación exclusiva, apoiado supostamente polo que no vocabulario do PP chaman gobernos amigos, na Xunta e no Estado, e malia todo iso, o concello amosa unha total ausencia de xestión, e de impulso nas cuestións fundamentais, naquelas que comprometen o futuro do benestar da cidadanía. O BNG está -como sempre- disposto ao diálogo con calquera grupo político, sempre polo ben do concello. Queremos deixar claro que para a nosa  asemblea o fundamental non é a persoa que ostente a alcaldía senón as políticas que vai abordar, para o BNG ten a máxima importancia o PROGRAMA e os COMPROMISOS que se asuman para gobernar o municipio, e máis a GARANTÍA de cumprimento. Temos claro que non é a nosa formación á que lle corresponde iniciar hipotéticos procesos de diálogo ou negociación, pero tamén temos claras as premisas xa expresadas. O BNG, sen formar parte do goberno local do Valadouro, demostrou o seu compromiso co fomento e benestar dos cidadáns, boa proba é que un dos meirandes investimentos represéntarono as axudas das áreas da Deputación xestionadas polo BNG: por exemplo os 60.000 € destinados á pista de andadura ecuestre, e en anos anteriores o campo de fútbol 7 de herba artifical, infraestrutura na que a área de deportes da Deputación tamén foi a principal investidora.