• Sábado, 20 de abril 2024
  • ABC

COPE

Noticias

Barreiros | El III Ao son do Masma llega este sábado 7 de junio a Celeiro de Mariñaos

cope.escope.es

Tiempo de lectura: 2'Actualizado 09 may 2017

O festival Ao Son do Masma, organizado polo grupo de música tradicional “Tumba e Dálle” e o “Colectivo Cultural Ollomao”, acadará a terceira edición este sábado 7 de xuño. A cita, xurdida como unha ocasión para a posta en valor do río Masma, ao seu paso polo concello barreirense, tenta ser un espazo para a reivindicación dos espazos naturais á vez que unha ocasión para achegar a música tradicional galega, nas súas diferentes variedades, ao público da Mariña. Como ben sendo habitual, a xornada dará comezo ás 10 da mañá coa saída do roteiro, que nesta ocasión comprenderá as paraxes do Masma e do Santo Estevo do Ermo. A feira de artesanía e instrumentos musicais abrirá ás 12 da mañá, momento a partir do cal as e os asistentes poderán consumir bebida e comida na cantina que a organización instala coa finalidade de recaudar financiamento para a cobertura de gastos do festival. A sesión do mediodía estará amenizada polo cuarteto de música tradicional “Aires da Poxa”. Ao Son do Masma é unha cita pensada para o disfrute en familia, polo cal de cara á primeira hora da tarde foron programadas para as e os pequenos da casa algunhas actividades como teatro, con Mircromina Títeres, e xogos tradicionais. Como novidade e por primeira vez nesta edición, a organización decidiu aproveitar o Ao Son do Masma como unha ocasión na cal dar a coñecer outras produccións artísticas e culturais do país. Pola tarde, e nunha carpa habilitada a tales efectos, presentarase o libro “Xoguetes naturais. Argalladas dos pícaros” de Xosé López González e José M. García Fernández; e o libro “O Santo Estevo do Ermo e a súa fraga”, da Irmandade Santo Estevo. Un dos pratos fortes da tarde será a actuación do recoñecido monologuista Cándido Pazó ás 7 da tarde, e a continuación a presentación do filme “Dhogs”, da xove productora meirega, Gaitafilmes. A partir das 20:30h. , o Grupo de Zanfonas da Tradescola animará ás e aos presentes na hora da taberna e previamente á cea, que ao igual que o xantar, poderá ser adquirida na mesma cantina do festival. Ás 23:00h. dará comezo o punto forte da xornada coa apertura de concertos: nesta terceira ocasión daranse cita os grupos Leirabuxo, Os Carunchos e Os Cuchufellos; que mostrarán a moita diversidade que ofrece a música tradicional galega.

Radio en directo COPE
  • item no encontrado

En directo

Directo Poniendo las Calles

Poniendo las Calles

Con "El Pulpo"

Escuchar