• Viernes, 29 de marzo 2024
  • ABC

COPE

Noticias

Barreiros | El grupo de teatro Lucho estrena su obra "Os Aparecidos" el domingo a las seis de la tarde en el Centro Sociocultural

cope.escope.es

Tiempo de lectura: 1'Actualizado 09 may 2017

Este domingo, 9 de novembro, chega a Barreiros, da man do grupo teatral Teatro Lucho, a obra Os Aparecidos. O acto está patrocinado pola Área de Cultura da Deputación de Lugo, a través do seu proxecto teatral Buxiganga, e nel colabora a Concellería de Cultura e Xuventude de Barreiros. A representación terá lugar a partir das 18:00 horas no Centro Sociocultural Manuel Díaz Sampedro, con entrada libre e gratuíta ata completar aforo. A obra de teatro Os Aparecidos encádrase dentro do xénero da zarzuela corta, contando así cunha parte cantada e outra dialogada. A representación pretende poñer de manifesto, en clave de comedia, o covardes que resultan ser os homes aparentemente valentes. Para logralo sitúa a trama na celebración do Día de Defuntos, nun pobo onde o alcalde declara ter visto unha curuxa montada nun burro. Para solucionar o entorto, o rexedor chama a un veciño ateo que non ten medo a nada, pero a situación empeora cando en plena noite aparece en escena un cómico disfrazado de morto mentres o pobo acude á representación do Don Xan Tenorio.

Radio en directo COPE
  • item no encontrado

En directo

Directo Herrera en COPE

Herrera en COPE

Con Carlos Herrera

Escuchar