También en directo
Ahora en vídeo
  • megabanner_1:No existe configuración de publicidad para el slot solicitado

Barreiros | Del 10 de julio al 2 de agosto taller de maquillaje artístico y automaquillaje dirigido a todos los públicos; la inscripción está abierta en el OMIX

A Concellería de Cultura e a OMIX organizan un obradoiro de maquillaxes artísticas e automaquillaxes, que se desenvolverá do 10 de xullo ao 2 de agosto. Está dirixido para nen@s e adultos. Este obradoiro, que se impartirá no centro sociocultural Manuel Díaz Sampedro, desenvolverase de 10:30 a 11:45 para nenos e nenas con idades comprendidas entre os 5 e os 11 anos. E os rapaces maiores de 12 anos e os adultos acudirán ao mesmo en horario de 12 a 13:15 horas. Segundo explican desde a Concellería de Cultura “abordaranse aspectos coma o debuxo, a cor, o deseño e realización de maquillaxes artísticas conxuntamente coa aprendizaxe á automaquillaxe para moz@s e adultos. Este obradoiro é gratuíto e as prazas son limitadas”. A inscrición xa pode realizarse na oficina de información xuvenil, de luns a venres, en horario de 9:30 a 14:30 horas.