• Jueves, 18 de abril 2024
  • ABC

COPE

Noticias

BARREIROS | El colectivo cultural Ollomao pide a la Consellería de Educación que nombre al Colegio Público de San Miguel como "CEIP Antón Moreda"

cope.escope.es

Tiempo de lectura: 2'Actualizado 26 may 2017

O Colectivo Cultural Ollomao quere conmemorar o terceiro aniversario da morte do barreirense Antón Moreda, que se cumprirá o vindeiro 4 de febreiro, cunha iniciativa na que solicitan que o colexio público de San Miguel (parroquia onde naceu Moreda) sexa renomeado como CEIP Antón Moreda. Neste sentido, presentaron ante o rexistro da Consellaría de Educación unha solicitude para que se renomee o actual CEIP San Miguel de Reinante como CEIP Antón Moreda. Antón Moreda foi unha figura central no movemento xuvenil e cultural galego da postguerra, facendo de enlace entre o movemento existente na emigración e o do interior; contribuíndo a manter vivo, entre outros, o legado de Castelao. Desde Ollomao argumentan que “é imprescindible que os pobos coñezan as persoas que forman parte deles para coñecer a súa historia e poder valorala sen interferencias subxectivas.” Por esta razón, Tamara Rubiños Varela explica que “o Colectivo Cultural Ollomao, xa en vida de Antón Moreda, contribuiu ao coñecemento da súa traxectoria e da importancia da súa persoa cunha homenaxe no ano 2007 na que tomou parte o propio Moreda e na que se achegou á cidadanía unha outra visión do intelectual barreirense.” Polo tanto, Ollomao considera que “persoas coma Antón Moreda son dignas do recoñecemento do conxunto da sociedade galega e, nomeadamente, da barreirense. Polo que son precisos, xestos que contribúan a achegar a nosa historia e as persoas que dela toman parte a aquelas e aqueles que forxarán o futuro do pobo galego e barreirense.” Neste sentido, a asociación cultural barreirense pretende un recoñecemento para o seu veciño Antón Moreda no terceiro aniversario do seu pasamento e, por iso, veñen de dirixirse á consellaría competente para que se inicie o procedemento para modificar o nome do CEIP de San Miguel de Reinante polo de CEIP Antón Moreda. Igualmente, e co fin de xuntar adhesións á proposta, o colectivo barreirense rexistrou tamén unha solicitude formal para que a corporación municipal barreirense adopte o acordo de apoiar tal proposta ante a Consellaría de Educación.

Radio en directo COPE
  • item no encontrado

En directo 2

Directo TRECE al día

TRECE al día

Con José Luis Pérez y Lucía Crespo

Ver TRECE