• Jueves, 28 de marzo 2024
  • ABC

COPE

Noticias

BARREIROS | La Asociación VEA recibe 3.000 euros de la paga extra de diciembre del alcalde y del concejal de obras

cope.escope.es

Tiempo de lectura: 2'Actualizado 27 may 2017

A asociación VEA de Barreiros recibiu do alcalde, Alfonso Fuente, e do concelleiro de Obras, Lorenzo Penabad, os 3.000 euros da paga extra de decembro que ambos decidiron destinar a un fin solidario. O rexedor explica que “tanto o concelleiro de Obras como eu vimos de cumprir aquel compromiso que adquiriran todos os membros do Partido Popular en todos os Concellos, e que tamén era un compromiso noso. Igual que lles pasou a moitos traballadores do Concello e a funcionarios de quedar sen a paga extra, nós ao que nos comprometeramos, como non era unha obrigación o ter que renunciar a ela, foi en cedela a unha entidade sen ánimo de lucro”. Tanto o alcalde coma o concelleiro de Obras entenden que “a asociación VEA está facendo un traballo moi importante no noso concello, en canto á acompañamento de maiores, no roupeiro, etc… unha serie de tarefas importantes que nos parece que nestes momentos están sendo moi valoradas polos veciños, complementando outras actividades que xa se veñan facendo desde o Concello. Polo tanto consideramos que había que axudarlles”. Coñecedores de que “esta asociación tiña pedido axudas a outras administracións e que non llelas deron e evidentemente, aínda que esta xente é voluntaria, teñen que afrontar gastos de locomoción, entre outros. Colaboran tamén coa organización do Día Solidario no noso concello traballando por outra xente que o necesita e cremos oportuno que deberíamos cederlles a nosa paga extra e así o fixemos. Cumprimos o noso compromiso de ceder esa paga extra a esta asociación que traballa, en definitiva, polos demais, igual que o ven facendo o Concello, que traballa polos veciños”. VEA (Voluntad, Entrega e Acción) nacía hai un ano en Barreiros. Segundo explican a súa presidenta, Mª Paz Redondo, e a secretaria, Pamela Broz, “temos un un grupo de teatro que fai representacións de concienciación social, coincidindo con datas coma o día da muller traballadora ou o día internacional contra a violencia de xénero. Participamos en varias campañas de recollida de tapóns. O primeiro envío foi efectuado para un neno de nome Alex do Baixo Miño e agora faremos un segundo envío en breve a Lugo para Uxía”. Desde VEA “tentamos tamén cubrir as necesidades sociais de familias con escasos recursos do noso concello e apoiamos ao grupo de voluntariado local no acompañamento de persoas maiores, no roupeiro, na recollida e no reparto de alimentos e tamén no Día Solidario que eles organizan”. En VEA traballan de xeito altruista sete persoas.

Radio en directo COPE
  • item no encontrado

En directo

Misa de la Cena del Señor desde la catedral de Murcia

Todos los domingos

Reproducir
Directo Misa de la Cena del Señor desde la catedral de Murcia

Misa de la Cena del Señor desde la catedral de Murcia

Todos los domingos

Escuchar